menú

Play-Doc TV ponlle música a decembro

05/12/2016
Blog R

A través da música, Play-Doc TV presenta historias incribles cuxos protagonistas, sen pretendelo, dannos leccións de superación, de resistencia e dignidade.

Historias de soños rotos e tamén de segundas oportunidades. Nesta selección, descubrimos excepcionais músicos anónimos, outros recoñecidos e influíntes e tamén algún embusteiro cara dura.

‘Anvil – El sueño de una banda de rock’: Un conmovedor e inspirador relato de amizade e superación. ‘Lips’ Kudlow (cantante) y Robb Reiner (batería) prometeron triunfar como grupo e permanecer sempre xuntos. Así xorde Anvil, seica a banda de heavy máis importante de Canadá e responsable de ‘Metal on Metal’, un dos álbums de Metal máis senlleiros da historia do rock duro. A pesar de compartir escenario e influír en grupos como Metallica, Slayer ou Antrax, Anvil aínda loita, día tras día, por chegar ao máis alto e lograr o recoñecemento que alcanzaron aqueles nos que influíron.

‘Searching for Sugar Man’: Nos anos 60, Rodríguez, un misterioso músico, foi descuberto nun bar de Detroit por dous produtores que quedaron fascinados polas súas melodías conmovedoras e as súas letras proféticas. Gravaron dous discos pensando que se convertería nun dos máis grandes da súa xeración. Pero o éxito nunca chegou e o cantante desapareceu no medio de rumores sobre o seu suicidio nun escenario. Mentres tanto, un dos discos chegou á Sudáfrica do Apartheid e estendeuse por todo o país en gravacións piratas. Tempo despois, dous fans investigan e chegan a coñecer unha historia extraordinaria.

‘Joe Strummer: Vida y muerte de un cantante’: Como líder de The Clash dende 1977, Joe Strummer cambiou a vida de moita xente para sempre. Cinco anos despois da súa morte, aínda se pode sentir a súa influencia en todo o mundo, mesmo con máis forza. Este documental dirixido por Julien Temple revela a Joe Strummer como unha lenda, un músico e tamén como un comunicador do noso tempo. É unha homenaxe ao Joe Strummer de antes, durante e despois de The Clash. A película inclúe imaxes inéditas de toda a súa vida e declaracións de Martin Scorsese, Mick Jones, Red Hot Chili Peppers ou Bono, entre outros.

‘I’m still here’: Supón a estrea como realizador do actor nomeado ao Oscar, Casey Affleck. Un sorprendente relato dun ano tumultuoso na vida do internacionalmente aclamado actor Joaquin Phoenix que segue ao actor tras anunciar este publicamente, no outono de 2008, que abandonaba a súa exitosa carreira cinematográfica para reinventarse como músico de hip hop. Ás veces divertido, outras sorprendente, e sempre fascinante, a película retrata ao artista no medio da encrucillada.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*