menú

Play-Doc TV explora a natureza humana en maio

02/05/2016
Blog R

En maio, Play-Doc TV propón unha serie de títulos que exploran a condición humana e a estraña relación que mantemos coa nosa contorna.

Os seres humanos podemos ser moi contraditorios. Nesta selección de películas póñense de manifesto algunhas desas paradoxas. Por unha banda, o documental ‘Locos por las Partículas’ mostra como temos a capacidade de mobilizar ás mentes máis privilexiadas do planeta para tratar de buscar a resposta a esa
pregunta universal: Que somos e de onde vimos?; ao mesmo tempo, en ‘The Cove’ sorprendémonos, arrepiados, ao ver o pouco que nos importa destruír con gran crueldade a vida que nos rodea.

Un exemplo diso tamén son as estrañas relacións que moitas veces establecemos cos animais; en ‘Proyecto Nim’ coñecemos a un chimpancé ao que queremos converter en humano; e con parecida sorte, aínda que con métodos e consecuencias ben distintas, lembramos en ‘Blackfish’ a historia da orca Tilikum. Aínda por riba non acaban aquí as nosas obsesións. Máis aló dos conflitos co resto das especies da terra, dende máis aló do noso sistema solar sempre pode xurdir un novo medo; así, ‘The Visit’, a través da posible visita dun alieníxena, convídanos a cuestionarnos quen somos e como deberiamos actuar ante un ‘convidado’ sorpresa.

‘Locos por las partículas’: Imaxina como debeu ser o momento en que Edison acendeu a primeira lámpada ou cando Franklin recibiu a súa primeira descarga de electricidade. Poderás presenciar o descubrimento científico máis significativo e inspirador da nosa xeración: o ‘Gran Colisionador de Hadrones’, un acelerador de partículas que permite recrear as condicións que existían uns instantes despois do Big Bang e que lle dá resposta á pregunta universal: Que somos e de onde vimos? 10.000 científicos de máis de 100 países únense para presenciar o gran momento. Pero ninguén dixo que fose fácil. Un retrato apaixonante e humanizador da elite científica, a miúdo incomprendida.

‘The Visit’: É un documental con elementos cómicos e unha exploración filosófica do noso medo aos estraños a través da ameaza definitiva á nosa imaxe persoal: o descubrimento de vida alieníxena intelixente. En Viena atópase a cidade ONU, coa súa arquitectura de finais dos 70 e o seu estado
extraterritorial, do mesmo xeito que unha nave espacial xigante que aterra no medio do mundo civilizado. No interior desta impresionante institución que representa a nosa fe na humanidade atópase a oficina da ONU de ‘Asuntos del Espacio Exterior’.

‘Proyecto Nim’: Nim é o nome dun chimpancé que na década dos 70 se converteu no centro dun experimento que tivo como obxectivo probar que pasaría se un mono fose criado e alimentado como un ser humano. Unha viaxe extraordinaria a través da sociedade e o impacto indeleble que causou Nim na xente coa que se cruzou. Do director de ‘Man on Wire’, ‘Proyecto Nim’ preséntase como a biografía dun animal ao que tratamos de converter en humano.

‘The Cove’: O golfiño é un dos animais máis intelixentes e unha das especies máis admiradas en todo o mundo. Con todo, nun pequeno pobo da costa de Xapón que aparentemente se caracteriza pola súa devoción a estes animais, escóndese un gran segredo. Un grupo de activistas liderado polo coñecido adestrador de golfiños Richard O´Barry embárcase nunha perigosa misión encuberta para revelarlle ao mundo o que sucede neste lugar, desenvolvendo un dos documentais máis impactantes dos últimos anos.

‘Blackfish’: Tilikum é unha orca que matou varias persoas ao longo da súa vida en catividade. Imaxes impactantes e entrevistas cunha grande carga emotiva para explorar a extraordinaria natureza destas criaturas, o trato que estas especies reciben en cativerio, a vida dos seus adestradores e as presións que
exerce a industria dos parques acuáticos. ‘Blackfish’ convida a reflexionar sobre a relación que temos coa natureza e ensínanos o pouco que os humanos aprendemos destas criaturas tan intelixentes e sensibles.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

3 comentarios

  1. carmen di:

    Non ten que ver, co play doc.
    Pero quen foi o gañador do kit de xardineira?
    Moito maromo pero borrachedes o post e sin decir que o gañou.

    • Ola, Carmen.

      O gañador foi Manuel Jesús Castiñeira. Publicamos o nome do blog e o post estivo ata o 30 de abril, día no que o sacamos do blog porque xa pasaran varios días. Damos un tempo prudencial e despois retiramos os concursos, porque moitas veces xeran confusión e hai clientes que nos seguen escribindo pasado xa o período de participación.

      Un saúdo.

  2. carmen di:

    Ok. Pois mira que o revisei veces. Gracias