menú

Play-Doc TV estrea o filme inédito de Les Blank sobre o músico Leon Russell

05/04/2016
Blog R

Abril é o mes Play-Doc. O festival celébrase en Tui do mércores 13 ao domingo 17 de abril. E nesta ocasión o protagonista é Les Blank.

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais, trae a Tui este ano os filmes musicais de Les Blank, ‘o grande trobador do folclore norteamericano no cinema de non ficción’. O certame dedicaralle un ciclo que tamén poderá verse na suscrición Play-Doc TV.

O programa conta coa estrea en España de ‘A Poem is a Naked Person’, pelicula inédita que se prohibiu no seu lanzamento en 1974, para non volver ser exhibida pola polémica en torno a controvertidos aspectos da vida privada de Leon Russell, o musico que retrata.

Russell é un dos máis grandes nomes da música popular estadounidense. Na época na que Blank o seguiu coa súa cámara, entre o 72 e o 74, viña de gravar con importantes figuras como Eric Clapton ou Bob Dylan, e a súa musica estaba a experimentar unha importante evolución entre a tradición do country, o rythm & blues máis enérxico e as novas tendencias do folk rock. Por todo isto, ‘A Poem is a Naked Person’ é un verdadeiro monumento a este músico nun dos momentos máis importantes da súa carreira; unha película que, nos últimos meses, dende a súa recuperación, xa foi descrita por algúns como a mellor cinta sobre rock da historia.

A persoa responsable de resucitala é Harrod Blank, fillo de Les, que visitará o Festival para presentar a película, xunto ás outras producións do cineasta como ‘The Blues Accordin’ to Lightin’ Hopkins’ (1969), ‘A Well Spent Life’ (1971) e ‘Always for Pleasure’ (1978). As dúas primeiras son honestos e intensos retratos e a última segue as celebracións do Mardi Gras e o San Patricio en Nova Orleans, internándose nas tripas desas festas e inmortalizando os traballos de músicos como Professor Longhair, os Neville Brothers ou Allen Toussaint.

E a mellor nova para os clientes de R é que todos estes filmes ser poderán ver en aberto a partir do 11 de abril e ata o 18 de abril en Play-Doc TV, a canle especializada do festival no servizo de televisión de R. Todos os clientes poderán acceder de xeito exclusivo a estes filmes e a un amplo catalogo de títulos de cinema documental que o certame engade cada mes nas súas programacións.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios