menú

‘Peter y el dragón’, en rebobina

07/12/2016
Blog R

Amizade e fantasía danse a man na película ‘Peter y el dragón’, dispoñible en rebobina dende o venres 9 de decembro.

Durante anos, o señor Meacham, un vello escultor de madeira, fascinou os nenos da rexión cos seus contos acerca dun feroz dragón que reside no máis profundo dos bosques do Noroeste do Pacífico. Para a súa filla Grace, que traballa como garda forestal, estas historias non son máis que contos para nenos… ata que coñece a Peter.

Peter é un misterioso neno de 10 anos que non ten familia nin fogar e que asegura que vive no bosque cun xigante dragón verde chamado Eliott. Segundo as descricións de Peter, Elliot parece extraordinariamente similar ao dragón das historias do señor Meacham. Coa axuda de Natalie, unha nena de 11 anos cuxo pai, Jack, é dono do serradoiro local, Grace parte na procura de respostas que determinen de onde vén Peter, cal é o seu verdadeiro fogar e cal é a verdade acerca dese dragón.

Esta cinta familiar de aventuras combina imaxe real e animación dixital e é unha nova versión da película ‘Pedro y el dragón Elliot’, que se estreou con gran éxito no ano 1977.

O neno Oakes Fegley é Peter; Robert Redford (‘El golpe’) métese na pel do curtido escultor de madeira; e Bryce Dallas Howard (‘El bosque’) interpreta o papel da súa filla Grace.

A película está dirixida por David Lowery (‘Rectify’), tamén autor do guión xunto con Toby Halbrooks (‘Upstream Color’).

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios