menú

‘Padres por desigual’, estrea en rebobina

04/05/2016
Blog R

A difícil relación entre pais e fillos nas familias contemporáneas é o fío argumental de ‘Padres por desigual’, película que se estrea en rebobina o venres 6 de maio.

Brad Taggart é un executivo de radio que acaba de casar con Sarah. Pero a convivencia cos fillos da súa nova muller non é fácil porque eles botan moito de menos ao seu pai. Para terminar de complicar a situación, volve Dusty, o exmarido de Sarah e pai dos dous nenos.

A rivalidade está servida: mentres Brad é metódico e rutineiro e busca gañarse o afecto dos mozos; Dusty é un vividor e quere recuperar á súa familia.

Comedia familiar protagonizada por Will Ferrell (‘Embrujada’, ‘Melinda y Melinda’) e Mark Wahlberg (‘El planeta de los simios’, ‘The Italian Job’).

‘Padres por desigual’ está dirixida por Sean Anders (‘Somos los Miller’, ‘Desmadre de padre’), autor tamén do guión xunto con Brian Burns (‘Blue Bloods (Familia de policías)’ e John Morris (‘Dos tontos todavía más tontos’)).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios