menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

O Fiadeiro, Cántigas da Terra e Xoel López, en maio en Tolemias

13/05/2016
Blog R

Maio chega cun feixe de novidades a Tolemias: Real Filharmonia, Miguel Lamas Quartet, O Fiadeiro, Cántigas da Terra, Kiste Sakro e Xoel López.

XX Aniversario Real Filharmonia: Tres concertos dirixidos por Helmuth Rilling para celebrar o XX Aniversario da orquestra. O director é una eminencia mundial no repertorio de Bach e hai 20 anos foi o primeiro director titular da Real Filharmonia.

Miguel Lamas Quartet: O cuarteto do baterista galego preséntanos unha serie de composicións propias (do pianista Iago Mouriño) enmarcadas dentro do mundo do jazz fusión, funk ou mesmo momentos de rock, cunha gran dose de improvisación e creatividade. Moitos destes temas estarán plasmados nun disco que sairá proximamente.

O Fiadeiro: Nace no ano 1996 co propósito de compilar, conservar e transmitir o legado cultural da tradición galega. O traballo dentro da Asociación está organizado en grupos que xestionan áreas concretas: Área Artística, Área de Recuperación, Área de Vestiario, Área de Escola, Área Web, Área de Revista e Publicacións.

Cántigas da Terra: Nun inicio formado só por homes, Cántigas da Terra foi fundado o 28 de decembro de 1916 e debutou ante o público o 12 de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña coa peza ‘A festa do Tabeirón’, de Enrique Labarta Pose. A formación gravou 19 discos, participou en gravacións para programas de radio e televisión de varios países e fixo centos de actuacións en Galiza e viaxou por España, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Gran Bretaña, Arxentina ou Brasil.

Kiste Sakro: Comeza a forxarse en decembro de 2014 no Pub Frenopátiko a partir de membros de Strangled With Guts, Overdose of Te ha, Tzjjja e Ubin. Finalmente, contitúense en marzo de 2015 e pronto empezan a dar concertos. O seu estilo é veloz e festivo, con letras violentas, absurdas e inspiradas nos debuxos animados que trastocaron as súas mentes cando eran nenos, e non tan nenos.

Xoel López: Nacido en A Coruña en 1977, Xoel López é un dos artistas máis representativos e influíntes da nova canción española. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock alternativo e o folk clásico, Xoel deixou atrás unha carreira exitosa e consolidada no seu país baixo o pseudónimo de ‘Deluxe’
para, en xaneiro de 2009, cruzar o charco e empezar unha nova etapa no continente americano. O seu último traballo é ‘Paramales’, o segundo en solitario, composto por trece cancións gravadas no Estudios Reno de Madrid pero concibidas a ambas as beiras do Atlántico.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*