menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

O Festival FIV de Vilalba, protagonista de Tolemias en abril

25/04/2016
Blog R

Concertos de Cycle, Novedades Carminha, LA M.O.D.A., Izal, Los Coronas, Delafé y las Flores Azules en Tolemias. Abril está dedicado ao Festival FIV de Vilalba.

Cycle comezou como un proxecto de Carlos F. Calderón e David Kano, codirectores dos estudos de gravación Rec Division, a quenes acompañou a actriz A China Patino coas súas performances. Kano coñeceu a Luke Donovan e participaron xuntos na música dun anuncio publicitario. Tras esa colaboración, o inglés integrouse no proxecto. A música de Cycle tenta recoller todo un ciclo de música das últimas décadas, con reminiscencias do after punk de principios dos oitenta, do synth pop oitentero e de aspectos típicos do pop e o breakbeat dos noventa.

Novedades Carminha é un dos grupos de referencia no punk-garage-pop estatal. Nos seus últimos traballos, usan sons máis coidados e composicións cheas de creatividade e dinamismo, sen renunciar ás señas de identidade que consolidaron á banda galega na escena independente española. Divertidos e potentes directos e a unha boa cantidade de himnos xeracionais atemporais.

LA M.O.D.A. ou La Maravillosa Orquestra del Alcohol é un combo frenético que mestura sons acústicos con acordeón, saxofón, banjo, mandolina ou violín. Formados en marzo de 2011, o seu estilo bebe do ‘bourbon’ de Nashville, da ‘Guiness’ irlandesa e do vodka ruso. É como imaxinar a Johnny Cash, Goran Bregovic e The Pogues tocando e bebendo xuntos.

Izal é un grupo de estilo pop/rock orixinario de Madrid, formado por Mikel Izal (vocalista e compositor), encabezando unha formación que completan Alejandro Jordá (batería), Emanuel Pérez ‘Gato’ (baixo), Alberto Pérez (guitarras) e Iván Mella (teclados). Mikel e Emanuel coñecéronse en Macedonia, cunha composición centrada nun tono máis íntimo e acústico, pero ao voltar a Madrid foron dándolle forma ao grupo, gravando o seu primeiro traballo, ‘Teletransporte’, con algún que outro cambio na formación.

Los Coronas é un grupo de culto na escena rock instrumental e a banda pioneira da música surf en España. Está formado por Fernando Pardo (guitarra), David Krahe (guitarra), Roberto Lozano (batería), Javier Vacas (baixo, contrabaixo) e Yevhen Riechkalov (trompeta). ‘Adios Sancho’ aparece catro anos despois da publicación de ‘El baile final… de los locos y los cuerdos’. Nos últimos anos, espertaron o interese de músicos do talle de Steve Van Zandt (guitarrista e membro fundador da L-Street Band de Bruce Springsteen), que quixeron fichalos para o seu selo, oferta que finalmente rexeitaron para seguir o seu propio camiño.

Delafé y las Flores Azules é unha banda española que nace ao xuntarse compoñentes doutros grupos da escena musical da cidade condal. Marc Barrachina provén de Songstone, Óscar D’aniello traballaba en Mishima e Helena Miquel, vocalista de Élena. No ano 2010, Marc Barrachina abandona a banda, pasando por iso a chamarse Delafé y las Flores Azules. Nesta nova etapa, incorpóranse ao proxecto Dani Acedo (Mishima) e a produción de The Pinker Tones. En setembro de 2015, Helena abandona o grupo.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios