menú

O cine NUMAX programa en Play-Doc TV en setembro

19/09/2016
Blog R

Este mes de setembro, Play-Doc TV cede a responsabilidade da programación ao cine NUMAX de Santiago de Compostela.

En pouco máis dun ano, NUMAX xa se converteu nun referente indiscutible para os amantes da sétima arte en Galicia. Cunha proposta rigorosa, fresca e valente, esta sala conseguiu combinar de maneira natural a tradición dos cines de Arte e Ensaio coas estreas máis recentes do mellor cine independente, fidelizando a unha audiencia ávida de recuperar as grandes sensacións que ofrece unha boa sala de cine.

Catro títulos conforman a proposta de NUMAX para que, esta vez, a desfrutes dende a butaca da túa casa. Para empezar, unha viaxe en branco e negro pola España do fanatismo relixioso, a pobreza e as tradicións máis atávicas a través dunha das películas máis cativadoras e imprescindibles do cine español: ‘Lejos de los árboles’, realizada por Jacinto Esteva en 1972 e remontada en 2011 por Pere Portabella.

Aínda que de maneira moi distinta, tamén habitan nas marxes os personaxes de ‘Los hongos’ e ‘Navajazo’. Cali, en Colombia, e Tijuana, en México, son os escenarios nos que uns sobreviventes pelexan por atopar o seu lugar e seguir vivindo. En ‘Los hongos’, Ras e Calvin son dous mozos grafiteiros que percorren sen rumbo fixo a cidade de Cali, e no camiño, como dous fungos, contaminan a súa contorna de inmensa liberdade. O escenario de ‘Navajazo’ é unha apocalipse imaxinada a través de retratos de personaxes tratando de sobrevivir nun ambiente hostil, onde só se teñen o un ao outro e o único en común que posúen entre si é a vontade de seguir vivindo custe o que custe.

Completa o ciclo un documental que transita por outros parámetros de forma e contido. En ‘The Joycean Society’, o mundo parece deixar de existir fóra dunha sala de lectura na que un grupo de persoas se reúne dende hai máis de 30 anos para ler e reler un mesmo libro de James Joyce. O texto parece inesgotable e a súa interpretación interminable.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios