menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Arrinca o ano coa mellor música en Tolemias

09/01/2017
Blog R

Para empezar o ano 2017, Tolemias ofrece unha selección musical de diversos xéneros. O mellor rock: Los Zigarros; o mellor soul/funk: Anaut; o mellor folk: Wooden Legs, Óscar Ibáñez e Coanhadeira; a mellor clásica: Real Filharmonía de Galicia.

Los Zigarros: É unha banda de rock procedente de Valencia. O seu álbum debut, de título homónimo, publicouse en xuño de 2013 e produciuno Carlos Raia, quen guiou o proceso de gravación. O seu segundo traballo, ‘A todo que si’, apareceu en abril de 2016, producido novamente por Carlos Raia. Debido ao aumento da súa popularidade nun espazo de tempo relativamente curto, chegóuselles a etiquetar como a substitución xeracional do rock and roll en España, aínda que eles rexeitan esa cualificación.

Anaut: A banda xurdiu en 2013 como un proxecto persoal do músico madrileño Alberto Anaut. Formado en teoría musical e guitarra dende os oito anos, en 2005 licenciouse en Comunicación Audiovisual pola Universidade Carlos III de Madrid e no 2013 en Guitarra Jazz no Conservatorio de Ámsterdam. É durante a súa estancia na capital holandesa cando reúne á formación á que lle dá nome o seu apelido e que nese momento contou con oito músicos procedentes de España, Italia e Holanda.

Wooden Legs: Son unha banda de música irlandesa establecida en Trieste, Italia. O seu repertorio inclúe temas propios e tradicionais. A súa música foi definida como música irlandesa extrema polas súas actuacións poderosas. Normalmente xiran por festivais europeos en Italia, Austria, Alemania, Francia, España, Eslovenia e Croacia.

Óscar Ibáñez: Nado en Pontevedra en 1976. Mestre en Educación Musical, Especialista Universitario en Música Tradicional Galega, Especialista Universitario en Arquivística, posúe o título de Grao Profesional LOE na especialidade de gaita de fol galega e cursou estudos oficiais de frauta. Acadou máis de corenta premios nos concursos de gaita galega de maior prestixio, o que o converte nun dos gaiteiros galegos máis galardoados en dixitación aberta e pechada.

Coanhadeira: Nace no ano 2006 como unha banda de música folk entregada a amosar aqueles ‘restos’ musicais conservados ata os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e actuou sobre moitos dos principais escenarios folk do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas, Carballeira de Zas, o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira, Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L”Orient (Francia), entre outros.

Real Filharmonía de Galicia: Neste concerto coas obras de B. Smetana, L. Janácek e A. Dvorak, a Real Filharmonía de Galicia recibe a Jonathan Webb no primeiro concerto como director convidado.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 comentarios

  1. jose di:

    En la promoción bienvenida ya no aparece la tarifa R de 10 euros que si aparece en la web. ¿la vais a suprimir o que?