menú

‘Mi vida a los sesenta’, en rebobina

11/01/2017
Blog R

Que facer cando chegas aos sesenta anos? ‘Mi vida a los sesenta’ xa está dispoñible en rebobina dende o luns 9 de xaneiro.

Louise é unha muller de sesenta anos moi afortunada no terreo profesional pero con moi mala sorte no plano sentimental. A súa vida dá un xiro o día que recibe a xubilación anticipada en contra da súa vontade. Con tempo e diñeiro, decide quedar embarazada e ter un fillo…

Frans tamén cumpriu sesenta anos e é dono dunha galería. Quere reiniciar a súa carreira atopando á próxima promesa da escena da arte contemporánea.

Os camiños de Louise e Frans crúzanse neste momento de inflexión nas súas vidas e deciden facer aquilo para o que nunca tiveron tempo, corrixir erros do pasado e esencialmente recuperar o tempo perdido.

‘Mi vida a los sesenta’ é a primeira película dirixida por Sigrid Hoerner. Esta comedia alemá está protagonizada por Iris Berben (‘Los Buddenbrook’), Edgar Selge (‘El gran gato’), Carmen-Maja Antoni (‘Bienvenida al pueblo, doctora’) e Björn von der Wellen (‘Your Place’).

 


 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios