menú

Máis contidos gratuítos na túa televisión R

23/07/2015
Blog R

Non todo está nas canles de televisión. Tamén podes gozar de contidos á carta e gratuítos nas novas subscricións R. E ver, así, cando ti queiras todas as tempadas de series de éxito como ‘The Walking Dead’, ‘Black Sails’ ou ‘Vikingos’, ademais de contidos deportivos para todos os públicos. Neste post explicámosche como acceder a eles se tes un desco SD ou un HD.

As subscricións son un servizo da televisión R que che ofrece contidos exclusivos gratuítos, como tempadas completas de series, torneos deportivos ou charlas sobre novidosas iniciativas empresariais no rural galego, por poñer só algúns exemplos. E tamén algún contido de pago na liña de concertos ou documentais únicos, como verás.

Se tes o desco HD, podes acceder ás subscricións a través da pestana ‘mi tv’ do rebobina R. Mostraranse todos os contidos que gozarás de forma gratuíta.

suscripcionesHD700_gal

Se tes o desco SD, podes acceder a todas elas a través do botón vídeo do mando (ou VOD, se tes o mando anterior). Despregaranse entón na parte superior da pantalla do teu televisor unha serie de pestanas para acceder a diferentes tipos de contido (estreas, rebobina, catálogo, buscador..).

En quinto lugar tes as subscricións, fai clic e mostrarache a listaxe das existentes nese momento.

suscripcionesSD700_gal

Para que poidas desfrutar das mellores series,
subscricións ‘series AXN’, cos capítulos da serie ‘Hannibal’
subscricións ‘series TNT’, coas aventuras piratas de ‘Black Sails’o as andanzas dos ‘Vikingos’
subscricións ‘series FOX’, prefires a música de ‘Empire’ ou aos zombies de ‘The Walking Dead’?

Se o teu é o deporte, selecciona a subscrición ‘deportes R’ e poderás ver os partidos do XI Torneo fútbol 8 alevín Concello de Carballo.

Pero as subscricións non só conteñen contidos emitidos en televisión. É o caso da subscrición ‘Parladoiros’, na que teñen cabida contidos sobre diversas iniciativas de emprendedores que poñen en valor o rural galego.

Tolemias e Play-Doc Tv

Se falamos de contidos exclusivos, é a quenda de falarvos de Tolemias e Play-Doc Tv, as únicas subscricións de pagamento que a día de hoxe temos na televisión R e cuxos contidos renovamos e ampliamos cada mes.

Tolemias é unha canle de música con concertos musicais gravados en vivo tanto en grandes festivais coma en recintos máis íntimos. Por só 1,10€/mes (IVE incl.) tes acceso a propostas folks, jazz, rock, etc.

Play-Doc TV é unha canle de documentais cos contidos do festival internacional de cine de Tui. Por só 2,30 €/mes (IVE incl.) podes ver títulos de directores como Albert Maysles, John Cassavetes ou Jim Jarmusch.

Por certo, tanto Tolemias coma Play-Doc TV renovan mensualmente os seus contidos, así que sempre terás algo novo que ver.

Series, deportes, innovación, música, cine… apúntaste ás nosas subscricións?

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

7 comentarios

  1. fran di:

    Todo esto está muy bien pero para cuando un post diciendo como va a ser el fútbol en R si es que lo dais. Queda un mes justo y parece que euskaltel pasa del fútbol y telecable hace un paquete de fútbol por 25 € mes iva incluído. Puedes comentar algo. Gracias.

  2. fran di:

    Me he equivocado. El paquete futbol es de movistar + con canal + liga y canal fútbol por esos 25 €. Canal partdazo 8 €. Carillo.

  3. fran di:

    Fusión con euskaltel, o sea sin fútbol español. Al final, las cableras del norte acabaréis en vodafone. En mi caso os va a salir el tiro por la culata. Entre las 3 grandes me quedo con movistar y más con todo el fútbol. Una pena lo vuestro.

  4. Tomás di:

    Futbol, futbol, parece que solo existe el futbol. Y a los que no nos gusta el futbol van y nos quitan SPORTMANIA …, Porque ofertas con futbol las que quieras. Para cuando una oferta deportiva de calidad sin futbol???

  5. nacho di:

    Moi Boas,
    unha pregunta, cos 2.30 euros mes da suscripción a Play Doc podes ver todos os docus, ou son 2.30 por cada docu?

    Grazas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*