menú

‘Lolo’ chega a rebobina

09/11/2016
Blog R

Lolo é o olliño dereito da súa nai… e quere seguir séndoo, custe o que custe. A comedia francesa ‘Lolo’ está dispoñible en rebobina dende o venres 11 de novembro.

Violette, unha parisiense profesional da moda, de 45 anos, pasa uns días nun spa de Biarritz coa súa mellor amiga cando coñece a Jean-René, un modesto informático recentemente divorciado. Despois de anos de soidade, déixase seducir. Jean-René trasládase a París e tenta adaptarse ao microcosmos no que ela se move.

Pero non contara con Lolo, o adorado e posesivo fillo de Violette, disposto a todo con tal de destruír a nova parella e conservar o seu posto de favorito absoluto.

Julie Delpy (‘Antes del atardecer’) é directora, guionista e protagonista desta comedia familiar. Completan o elenco Dany Boon (‘Bienvenidos al Norte’) e Vincent Lacoste (‘Astérix y Obélix al servicio de su majestad’).

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios