menú

As ‘Mascotas’ chegan a rebobina

30/11/2016
Blog R

A película de animación ‘Mascotas’ está dispoñible en rebobina dende o mércores 30 de novembro.

Max é un can feliz que vive nun apartamento en Manhattan coa súa dona, Katie. Max é o rei do edificio, onde todas as mascotas viven as súas propias vidas en canto os humanos saen das súas casas: todos os animais do edificio se visitan, contan as historias máis surrealistas dos seus donos e ensaian as súas caras adorables para conseguir premios e peperetadas dos seus donos.

Con todo, a vida feliz e plácida de Max como centro do universo da súa dona Katie verase truncada cando Duke, un can da canceira adoptado por Katie, chega ao apartamento. Duke é un can mestizo sen demasiadas habilidades sociais. Isto, unido ao feito de que Max se sente traizoado pola súa dona, fará que estas dúas mascotas non se leven ben dende o principio.

Con todo, Max e Duke acaban perdidos polas rúas de Nova York, polo que deberán xuntar as súas forzas e deixar a carón as súas diferenzas para facerlle fronte a Pompón, un adorable coello branco que está a recrutar un exército de mascotas abandonadas co obxectivo de vingarse de todas as mascotas que viven felices cos seus donos. Só así, Max e Duke poderán conseguir volver a casa antes de que Katie volva para cear.

‘Mascotas’ é unha pelicula da produtora de animación americana Ilumination Enterteiment (Universal Studios), creada en 2007 por Chris Meledandri. Esta produtora é coñecida especialmente pola súa primeira película de animación ‘Gru, mi villano favorito’, ‘Gru mi villano favorito 2’ e o seu spin-off ‘Minions’.

A idea de realizar unha película sobre mascotas xurdiu porque Chris Meledandri tiña curiosidade por saber a que se dedicaban as súas mascotas cando el non estaba na casa. Ademais, o personaxe de Max ten como inspiración ao can do produtor, tamén de raza Jack Russell Terrier.

Chris Renaud (‘Gru, mi villano favorito’) e Yarrow Cheney (‘Minions: Cachorro’) son os directores de ‘Mascotas’. Os responsables do guión son Ken Daurio (‘Horton’) e Cinco Paul (‘Gru, mi villano favorito’).

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios