menú

‘Kiki, el amor se hace’, con Paco León, estrea en rebobina

10/08/2016
Blog R

Paco León é director, guionista e protagonista de ‘el amor se hace’, comedia española dispoñible xa en rebobina.

Cinco divertidas historias de amor e curiosas filias sexuais coinciden nun caloroso verán madrileño. dacrifilia, elefilia, somnofilia e harpaxofilia son algunhas das particulares formas de obter pracer que descobren os protagonistas, pero para desfrutalas terán que decidir como integralas nas súas vidas. Os seus sentimentos, os seus medos e sobre todo a súa sexualidade transfórmanse rompendo tabús, comezando unha etapa nova, emocionante e libre na que non se renega nin do pracer nin do amor.

É a terceira película como director de Paco León tras ‘Carmina o Revienta’ e ‘Carmina y amén’. Xunto a el, figuran no elenco Belén Cuesta (‘Ocho Apellidos Catalanes’), Natalia de Molina (‘Vivir es fácil con los ojos cerrados’), Álex García (‘La Novia’) e Candela Peña (‘Una pistola en cada mano’).

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios