menú

Un mes de xuño moi musical en Play-Doc TV

30/05/2017
Blog R

Paixóns, medos, tristeza, soidade, ira, arela de liberdade… son só algunhas das emocións que, a través da música, exhiben os personaxes das películas que incorpora este mes de xuño a subscrición Play-Doc TV. Almas complexas revélannos os seus segredos, que se proxectan cando soa a música que levan dentro, xa sexa cuns acordes de guitarra, o lamento dun saxofón, un piano ou unha voz desgarradora.

‘Janis’

Este documental musical, dirixido por Amy Berg e narrado por Cat Power, mostra a vida tras o escenario e a soidade desgarradora que habitaba na primeira gran estrela feminina do rock. A película ensínanos a súa soidade, as causas da mesma e, máis profundamente, a tristeza que escondía de portas cara adentro. E é que a vida de Janis Joplin non foi ningún camiño de rosas: ninguneada no instituto, insegura, falta de agarimo… Todas esas facetas escondíaas tras o subidón do escenario, o sexo, as festas e as drogas, protagonistas das súas noites ata que a do 4 de outubro de 1970 lle arrebataron o último alento nunha habitación. Tiña 27 anos.

‘La Pianista’

Isabelle Huppert dá vida en ‘A Pianista’ a Erika Kohut, unha profesora de piano de mediana idade totalmente sometida pola súa anciá nai. Erika dá renda solta ás súas emocións a través do piano, pero isto non é suficiente. O director austriaco Michael Haneke preséntanos neste filme de 2001 a un personaxe con trastorno límite de personalidade, masoquista e con estrañas vertentes sexuais. A película é unha axitación de sensacións que van dende o rexeitamento máis repugnante ata os praceres máis turbadores e sensuais. Non apta para todos os públicos, a cinta é unha xenial provocación emocional que non nos deixará indiferentes.

‘Gimme Shelter’

Considerada a mellor película de rock sobre a mellor banda de rock da historia, este documental segue aos Rolling Stones na súa sonada xira americana de 1969, que culminou no tráxico e desastroso concerto de Altamont, en San Francisco. Os Rolling lideraron un concerto gratuíto ante unha multitude estimada de 300.000 persoas. Ike & Tina Turner, Jefferson Airplane, The Flying Burrito Brothers e Santana tamén figuraban no cartel. Preocupados pola súa seguridade, a banda contratou a membros dos Hell’s Angels para manter a orde. A atmósfera cada vez maior de medo e tensión acabou co apuñalamento e morte dun dos asistentes. Este grandioso documental é obra dos irmáns Maysles, máximos referentes do coñecido como Direct Cinema.

‘Kansas City’

O jazz está no ambiente. 1934. Amor, crime, raza, política, crise, jazz de primeira. Eses son os ingredientes que Robert Altman mestura para sacar unha película imprescindible para todos os amantes do jazz. Corren os anos 30 e en Kansas City, concretamente no Hey Hey Club, está a producirse unha particular batalla jazzística entre dous monstros do saxo como son Lester Young e Coleman Hawkins, á que asiste un novísimo Charlie Parker… Na película, ademais, Altman debúxanos unha serie de personaxes que encarnan o ideal do perdedor e que parecen abocados a un final acorde ao miserable tránsito das súas existencias.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios