menú

‘Hitchcock – Truffaut’, estrea en rebobina

27/07/2016
Blog R

Hitchcock, o mestre do suspense, enche de intriga rebobina dende o luns 25 de xullo coa estrea de ‘Hitchcock – Truffaut’.

Medio século despois da publicación do libro ‘El cine según Hitchcock’, de François Truffaut, o director Kent Jones convida a algúns dos mellores directores do noso tempo para compartir os seus pensamentos sobre o mestre do suspense, Alfred Hitchcock.

En 1962, Alfred Hitchcock e François Truffaut xa eran directores consolidados e respectados no mundo do cinema e mantiveron unha longa e especialmente frutífera conversación de cincuenta horas e cincocentas preguntas sobre o cinema do primeiro. O resultado foi o libro ‘O cinema segundo Hitchcock’, un texto imprescindible da sétima arte.

Martin Scorsese, David Fincher, Richard Linklater, Wes Anderson, James Gray, Olivier Assayas e moitos máis comparten as súas impresións sobre o director de ‘Vértigo’, ‘Psicosis’ ou ‘Con la muerte en los talones’.

‘Hitchcock – Truffaut’ é unha co-produción estadounidense e francesa dirixida por Kent Jones (‘Una carta a Elia’, ‘Val Lewton: el hombre en la sombra). A música foi composta por Jeremiah Bornfield.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios