menú

‘Heidi’ chega a rebobina

24/11/2016
Blog R

‘Heidi’ está dispoñible en rebobina dende o venres 25 de novembro.

Heidi é unha nena orfa criada polo seu avó nas montañas suízas. Ela e o seu amigo Pedro coidan das cabras do avó e desfrutan da liberdade nas montañas. Pero un día a súa tía Dete decide levala á cidade. Alí debe coidar de Klara, unha nena inválida que provén dunha rica familia. Xorde entre elas unha grande amizade… que mira con receo a rigorosa señorita Rottermaier.

A película ‘Heidi’ está baseada na popular novela homónima escrita por Johanna Spyries. Diríxea Alain Gsponer, un director curtido en cine familiar, con películas como ‘Las aventuras del pequeño fantasma’. Está protagonizada pola debutante Anuk Steffen no papel principal de Heidi; Bruno Ganz (‘El cielo sobre Berlín ‘) como o avó; Katharina Schüttler (‘Hijos del Tercer Reich ‘) encarna á odiosa señorita Rottermaier; e os descoñecidos Isabelle Ottmann e Quirin Agrippi interpretan a Klara e a Pedro, respectivamente.

‘Heidi’ foi rodada en diferentes rexións dos Alpes.

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios