menú

‘Grandma’, novidade en rebobina

09/03/2016
Blog R

‘Grandma’ estréase en rebobina o venres 11 de marzo.

Comedia e drama combínanse nesta película cuxa protagonista é Elle. Acaba de romper coa súa noiva Olive e, mentres tenta superar a ruptura, a súa neta Sage preséntase na súa casa. Sage necesita diñeiro con urxencia para resolver un problema persoal. Avoa e neta emprenden entón unha aloucada aventura para conseguir o diñeiro, visitando a antigos amigos e non tan amigos. Unha viaxe que les servirá para reflexionar sobre as súas vidas.

‘Grandma’ estreouse no Festival de Cine de Sundance 2015. A protagonista da cinta, Lily Tomlin, recibiu varias nominacións polo seu traballo nesta película, entre elas a un Globo de Ouro, aos Premios Gotham ou aos galardóns anuais da Asociación de Críticos de Chicago. Completan o elenco Julia Garner, Marcia Gay Harden e Judy Greer.

O director e guionista é Paul Weitz, recoñecido por películas de éxito como ‘Ahora los padres son ellos’ ou ‘American Pie’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios