menú

Vive o Play-Doc en aberto e gañadores dos convites

16/03/2017
Blog R

Marzo é o mes do Festival Play-Doc. Coincidindo coa celebración do certame, do 20 ao 31 de marzo, a subscrición Play-Doc TV está en aberto para todos os clientes da televisión R e de xeito gratuíto poden desfrutar dende a súa tele, en exclusiva, dunha selección de títulos da edición de este ano.

Concurso

Ademais, se queres vivir en directo o festival, regalábamos cinco entradas dobres. Só tiñas que escribir a quecheparece@mundo-r.net respondendo á pregunta “Por que terías que ir ti ao festival de Play Doc?”, co asunto “Play Doc” e indicando, ademais, os datos do titular do contrato en R. Bases legais.

Estes son os gañadores:

  • Manuel Covelo
  • Javier Jesús Veiga
  • Eva Piñeiro
  • Marco Antonio García
  • Xabier Marqués

Documentais

Neste XIII Play-Doc, a canle televisiva presentará unha mostra de catro títulos representativos do evento, que inclúen unha das películas da competición, ‘Libera Nos (Liberami)’; unha das obras do realizador e invitado especial en retrospectiva, o franco canadense Dominic Gagnon, ‘Hoax_Canular’; o clásico do cinema independente americano ‘On the Bowery’, no programa de carta branca en colaboración con Porto/Post/Doc, e unha rareza do prestixioso fotógrafo holandés Ed van der Elsken, ‘Death in The Port Jackson Hotel’, programada na sección Retratos.

‘Libera Nos (Liberami)’, de Federica dei Giacomo:

A práctica do exorcismo é aínda unha realidade no mundo contemporáneo. Cada ano, máis e máis xente afirma que as súas enfermidades están causadas por posesións demoníacas. O pai Cataldo é un veterano, un dos exorcistas máis solicitados en Sicilia. Cada martes, moitos crentes acoden ás súas misas de liberación buscando a cura para adversidades que semellan non ter remedio. A reacción da Igrexa Católica ante esta crise é aumentar o nomeamento de curas como exorcistas e organizar cursos de prácticas para eles. En España, a arquidiócese de Madrid trata desesperadamente de cubrir sete vacantes adicionais. Só en Roma e en Milán, o número de exorcismos medrou de 6 a 12 e nos Estados Unidos o número de exorcistas multiplicouse por 10 en apenas uns anos.

En ‘Hoax_Canular’, Gagnon completa un documental baseado en mentiras, a maior delas a de que o mundo acabaría o 21 de decembro de 2012. Os adolescentes que aparecen nesta obra de Gagnon vencen os seus medos inventando ameazas e desatando rumores sobre o fin do mundo cas súas webcams. Realizada a partir de máis de 70 horas de vídeos subidos a YouTube nunha soa noite, Hoax_Canular é unha profunda reflexión sobre como os máis novos fan súa a angustia xerada polos medios.

‘On the Bowery’, de Lionel Rogosin:

É a crónica do barrio neoiorquino do Bowery durante o transcurso de tres días. Supón un incrible documento dunha época pasada e un vívido e devastador retrato do alcoholismo, que aínda resoa hoxe en día. Esta película realizada dende dentro mostra aos personaxes facendo deles mesmos na súa contorna natural e falando coas súas propias palabras. ‘On the Bowery’ foi nominada ao Oscar e continúa sendo unha obra mestra entre a ficción e o documental.

‘Death in the port Jackson hotel’, de Ed van der Elsken:

Retrato filmado da artista australiana Vali Myers. O director, o recoñecido fotógrafo Ed van der Elsken, coñeceuna no París de postguerra e realizoulle unha serie de fotografías que se publicaron no libro ‘A Love Affair in Saint Germain-des-Prés (Love on the Left Bank)’. 18 anos despois, Vali visita ao fotógrafo na súa granxa de Edam e este fílmaa mentres ela rememora as fotografías e fala das mortes por sobredoses, o suicidio e a súa adicción ao opio. Tamén a filma na súa cociña, mentres debuxa a obra que lle dá título a esta película, e na súa casa preto de Nápoles, onde Vali vive recluída co seu noivo de 19 anos.

Un dos obxectivos de Play-Doc foi sempre lle achegar ao público un cinema á marxe dos circuítos comerciais e darlle un maior alcance e visibilidade. Esa é a intención coa que hai uns anos se puxo en marcha Play-Doc TV, unha canle de subscrición na televisión de R que, ademais de facilitar o acceso a parte dos seus contidos, ofrece cine de calidade e afastado das contornas convencionais os 365 días do ano e para toda Galicia.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 comentarios

  1. Antonio Davila Pereira di:

    Me parece estupendo que se emitan certámenes de este tipo, máximo cuando uno es un cinéfilo de toda la vida.

  2. Francisco Guerra Carbia di:

    Gracias a R. Me parece bien que podamos acceder en abierto a este tipo de certámenes.