menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

En febreiro, especial Festival de Ortigueira en Tolemias

03/02/2017
Blog R

Tolemias trae en febreiro o mellor folk e rock do Festival de Ortigueira.

Böj: É unha formación nada en Ferrol formada por músicos galegos e irlandeses que fan música irlandesa e escocesa. Achégannos o son da gaita e a maneira particular de interpretar dos músicos de Galicia. Este concerto foi gravado no Festival de Ortigueira 2016.

Susana Seivane: ‘Interxeracional’ é un percorrido pola historia recente da música galega que aglutina varias xeracións en torno á gaita da man de Susana Seivane. Unha viaxe que comeza en 1939 cando o avó de Susana constrúe a súa primeira gaita, dando paso a unha saga de artesáns e músicos: ‘Os Seivane’. Varios deles, xunto coa Escola de Gaitas de Ortigueira e os Gaiteiros de Buxantes, constrúen un fin de festa apoteósico como exemplo da unión interxeracional en prol da música tradicional.

FullSet: É unha das máis recoñecidas bandas de Irlanda na música tradicional irlandesa. Este grupo novo e emocionante crea un son cheo de enerxía e innovación, aínda permanecendo fiel ás súas raíces tradicionais.

Doolin: Formado en Toulouse en 2005, o grupo está composto por seis músicos talentosos e eclécticos que usan guitarra, bodhran, violín, tin whistle, acordeón, vocal e baixo. Inspirado na máis pura tradición, combina composicións instrumentais, vocais e orixinais cun estilo decididamente moderno.

Mànran: É unha das bandas escocesas máis coñecidas. O seu primeiro traballo, ‘Latha Math’, gañou un feixe de premios e a banda comezou a vivir o éxito, ademais de establecer o seu son e visión distintos no que respecta ao arranxo musical.

Agoraphobia: Son as rapazas de Boiro que defenden o seu rock por toda España.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios