menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Especial ‘Solistas de moda’ en Tolemias en decembro

16/12/2016
Blog R

Os solistas Rosa Cedrón, Olaya Alcázar, Emilio Rúa e Xoel López protagonizan a programación de Tolemias en decembro. Ademais, a música irreverente de Pelepau e o rock de Pink Tones.

Rosa Cedrón: É unha cantante galega e intérprete de violonchelo, coñecida por ser a voz durante nove anos do grupo Luar na Lubre e colaborar en discos de músicos como Mike Oldfield. A súa vocación, xa dende nena, foi o violonchelo, e perteneceu á Orquesta de Cámara Municipal de A Coruña. Mais tarde, foi profesora de música en Ferrol.

Olaya Alcázar: Olaya Alcázar estivo vinculada ao mundo da música dende moi pequena. Empezou cando tiña apenas dous anos, facendo traballos de publicidade e aparecendo nalgúns curtos, o que, aínda que non era estritamente musical, a vinculou ás artes escénicas dende tan temperá idade. Aos catro anos, descubriu o mundo da música grazas á influencia do seu pai e ao piano que tiñan na casa. Como cantante participou en numerosos grupos e formacións de todo tipo de estilos, dende o jazz e o soul, funk, pop, ao rock e blues, pasando por orquestras, grupos de versións, grupos de temas propios, coros de gospel, gravacións de bandas sonoras ou traballando como corista de directo. En marzo de 2012, gravou a primeira maqueta do seu proxecto en solitario, publicada a través de internet. Actualmente, traballa en musicais e participa en jam sessions, seminarios, escolas …

Emilio Rúa: O cantautor ourensano leva trinta anos no mundo da música. Comezou, con sete anos, na orquestra familiar Concorde Atenea formada polo seu pai e os seus catro irmáns maiores. Foi no ano 2000 cando publicou o seu primeiro traballo discográfico, homónimo e con temas inéditos.

Xoel López (Deluxe): Deluxe foi o nome artístico do músico de pop español Xoel López. Os seus dous primeiros discos foron en inglés, un terceiro mixto (en inglés, castelán e galego) e os tres seguintes en castelán. A historia de Deluxe comeza en maio de 2001, coa publicación do álbum titulado ‘Not What You Had Thought’. A finais do 2008, Xoel tomou a decisión de dar por finalizado o proxecto e vaise a Arxentina para volver a compoñer sen presións.

Pelepau: Naceu na cidade olívica no ano 2010 e está formado por 12 percusionistas, todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de recoñecida traxectoria no panorama musical galego. A proposta que fai Pelepau baséase nas cantigas de taberna arranxadas para voces e percusións tradicionais, cunha posta en escena dinámica en constante interacción co público.

The Pink Tones: É unha banda española que interpreta en directo temas de Pink Floyd, banda caracterizada pola cantidade de efectos e parafernalia que utilizan para os seus temas. O grupo formouse coa intención de darlle a oportunidade á xente de asistir a un espectáculo no que se toquen os mellores temas de Pink Floyd.

Suscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVA incluido).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios