menú

Especial de David Lynch en Play-Doc TV en xaneiro

26/12/2016
Blog R

Play-Doc TV arrinca o ano cun especial de David Lynch.

David Lynch é, en esencia, director de cine e guionista. Pero a súa actividade artística esténdese tamén ao terreo da pintura, a música, a fotografía e mesmo o deseño de mobiliario. O seu amor polo dadaísmo e o surrealismo queda patente nalgunhas das súas películas, cuxa misteriosa e inquedante atmósfera mestura o cotián co soñado, escapando, ás veces, á comprensión exhaustiva do espectador.

Como exemplo diso poden citarse ‘Eraserhead (Cabeza Borradora)’ e a serie de televisión ‘Twin Peaks’. Posteriormente, realizou algunhas producións máis accesibles como ‘The Straight Story’, aínda que mantendo o seu toque persoal. As súas películas tenden a describir as andanzas de pequenas comunidades dos Estados Unidos, como é o caso de ‘Twin Peaks: El fuego camina conmigo’ ou ‘Blue Velvet’. Lynch sente tamén predilección polos segredos ocultos dos barrios periféricos de Los Ángeles, retratados en ‘Lost Highway’ e ‘Mulholland Drive’. O son é de gran importancia nas súas películas, e por iso cada banda sonora é traballada con esmero. O responsable de conseguir ese son é o compositor Angelo Badalamenti, colaborador habitual do director e creador, entre outras, da fascinante banda sonora da serie de televisión ‘Twin Peaks’ ou da inquietante e perturbadora ‘Lost Highway (Carretera Perdida)’.

Play-Doc TV tráenos en xaneiro un especial do director estadounidense que inclúe tres dos seus títulos máis representativos:

‘Cabeza borradora’ (‘Eraserhead’): Henry Spencer, un mozo depresivo e asustadizo, sofre desde pequeno uns estraños pesadelos dos que tenta liberarse a través da súa imaxinación. Un día, a súa amiga Mary convídao a cear a casa; decátase entón de que foi pai dun bebé prematuro e inhumano. Mary e o estraño bebé instálanse na casa de Henry, onde un escenario iluminado tras o radiador mostra a presenza dunha muller.

‘Twin Peaks: El fuego camina conmigo’: Precuela da famosa serie televisiva. A fonte dos impulsos autodestrutivos de Laura Palmer está nos abusos que sofre por parte de alguén moi próximo, quen padece a posesión do diabólico Bob. Cando Laura se da conta de que a súa mellor amiga, Donna Hayward, se encamiña cara ao seu mesmo carreiro autodestrutivo, ten un ataque de lucidez que lle permite previla.

‘Carretera perdida’ (‘Lost Highway’): Fred Madison, un músico de jazz, recibe unha serie de misteriosas cintas de vídeo nas que aparece coa súa muller Renée dentro da súa propia casa. Na última delas, que Fred ve a soas, el está xunto á súa muller morta…

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios