menú

Play-Doc TV rende homenaxe a Xavier Dolan, o recente triunfador en Cannes

06/06/2016
Blog R

Xavier Dolan levou o Gran Premio do Xurado 2016 do Festival de Cannes. Play-Doc TV dedica en xuño unha programación especial a este novo prodixio do cine de autor que inclúe catro das súas películas: ‘Yo maté a mi madre’, ‘Los Amores Imaginarios’, ‘Laurence Anyways’ e ‘Mommy’.

Hai poucos días que se apagaron os focos da 69 edición do Festival de Cannes, unha das citas cinematográficas máis importantes do mundo. Polo súa Sección Oficial a Competición pasan os nomes máis grandes do cine contemporáneo das últimas décadas e tamén, cada ano, descóbrennos novos creadores que xa empezan a facerse un oco entre esa listaxe de imprescindibles. Play-Doc TV achégache en xuño a obra dun deses directores afortunados cuxa entrada ao mundo do cine se dá pola porta grande: Xavier Dolan, que parece ter présa por comer o mundo e que se converteu xa na promesa favorita da sétima arte francófona canadense.

A pesar da súa xuventude, o director canadense Xavier Dolan (27 anos) non é un recén chegado a Cannes. Con tan só 19 anos, sorprendeu ao mundo e ao xurado desa edición coa súa marabillosa película ‘Yo maté a mi madre’, coa que gañou tres premios no festival de 2008. O mesmo Dolan, ademais de dirixir e interpretar, dixo escribir o guión desta cinta á idade de dezaseis anos, baseándose nas súas propias vivencias e mesturándoas coa ficción.

A súa segunda película, ‘Los Amores Imaginarios’, estreouse no ano 2010. Segue a vida de dous amigos que están namorados do mesmo mozo misterioso. Inevitablemente, a súa amizade sofre. Para este segundo traballo, Xavier Dolan ocupou de novo os cargos de director, produtor e actor, ademais de supervisar os departamentos de vestiario e dirección de arte. O filme estreouse no Festival de Cannes de 2010 recibindo unha grande ovación. Ademais, gañou o primeiro premio do Sydney Film Festival en xuño dese mesmo ano.

A súa terceira longametraxe, ‘Laurence Anyways’, estreouse en 2012. Nela volve deixar en evidencia o seu potencial á hora de mostrarnos na pantalla historias de amor. É un drama romántico que conta a historia dun transexual e da súa muller na década de 1990. Este filme foi seleccionado, outra vez, na sección Un Certain Regard do Festival de Cannes de 2012. A película gañou o premio á Mellor Película Canadense no Festival Internacional de Cine de Toronto.

‘Mommy’, a quinta película do aclamado director canadense, é unha mostra máis do seu talento. Unha cinta imprescindible de amor, amizade e valores que en 2014 gañou precisamente a Palma de Ouro.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios