menú

‘Money Monster’, con George Clooney e Julia Roberts, chega a rebobina

26/10/2016
Blog R

George Clooney e Julia Roberts como protagonistas e Jodie Foster como directora. Esta é a carta de presentación do thriller ‘Money Monster’, dispoñible en rebobina dende o venres 28 de outubro.

Lee Gates é un famoso presentador de televisión especializado en programas de finanzas coñecido ademais por ser un dos gurús de Wall Street. Pero non sempre acerta e, cando fracasa a súa aposta por un investimento bolsista tecnolóxico de alto risco, os afectados non llo perdoan. Entre eles está o mozo Kyle Budwell, que perde todo o diñeiro da súa familia nun mal investimento por consello de Gates e decide vingarse secuestrando ao xornalista, á súa produtora e a todo o equipo durante a emisión en directo do programa.

Película premiada na Sección oficial de longametraxes (fóra de concurso) do Festival de Cannes.

O elenco está repleto de caras coñecidas, como George Clooney (‘Syriana’, ‘Argo’) e Julia Roberts (‘Pretty Woman’, ‘Erin Brockovich’). Completan o elenco Jack O’Connell (‘Invencible’), Caitriona Balfe (‘Outlander’) e Dominic West (‘Chicago’). Todos eles póñense ás ordes da oscarizada Jodie Foster (‘El silencio de los corderos’), que aquí exerce como directora da cinta.

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*