menú

‘El Renacido’ estréase en rebobina

25/05/2016
Blog R

O venres 27 de maio estréase en rebobina unha das películas máis aplaudidas dos últimos tempos: ‘El Renacido’. Dirixida por Alejandro González Iñárritu e protagonizada por Leonardo DiCaprio.

No ano 1823, un explorador participa nunha expedición de trampeiros para a recolección de peles, acompañado do seu fillo mestizo Hawk. Tras ser atacado por un oso, é abandonado polos seus compañeiros e deberá sobrevivir só nunhas condicións que poñen a proba a calquera ser vivo. O duro inverno, unha única arma e as tribos nativas en guerra non poden co seu afán por sobrevivir e vingarse daqueles que o abandonaron á súa sorte.

O mexicano Alejandro González Iñárritu (‘Birdman’) conseguiu o seu segundo Oscar consecutivo como director por esta dura historia de supervivencia baseada en feitos reais que recolle na súa novela Michael Punke.

Leonardo DiCaprio (‘El lobo de Wall Street’, ‘Gangs of New York’, ‘El Aviador’) métese na pel do explorador Hugh Glass e este papel fíxoo merecedor, ao fin, da estatuíña como Mellor Actor Principal. Completan o elenco Tom Hardy, Domhnall Gleeson, Will Poulter e Forrest Goodluck.

A película acadou un elevado número de nominacións e premios, entre eles tres Oscar (Mellor Director, Mellor Actor Principal e Mellor Fotografía), tres Globos de Ouro e cinco Premios BAFTA.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

2 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*