menú

‘El Principito’ chega a rebobina

29/12/2016
Blog R

O xoves 29 de decembro estréase en rebobina ‘El Principito’, a primeira adaptación ao cine de animación da coñecida novela do escritor e aviador Antoine de Saint-Exupéry.

Unha disciplinada nena e un ancián aviador, bondadoso e excéntrico, embárcanse nunha viaxe máxica e emocional ao universo do Principiño. Esta marabillosa aventura leva á nena a reencontrarse coa súa infancia, comprendendo que o máis importante son as relacións humanas e que só se ve ben co corazón, porque o esencial é invisible aos ollos.

A película foi recoñecida como Mellor filme de animación na edición do ano 2015 dos Premios César e na Sección oficial de longametraxes (fora de concurso) do Festival de Cannes do mesmo ano.

Mark Osborne (‘Kung Fu Panda’ o ‘Bob Esponja: La película’) dirixe esta película francesa baseada na famosa novela ‘El principito’, de Saint-Exupéry.

 

 

 

 

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

1 comentario

  1. Toñy Andrés del Brío di:

    Quiero suscribirme a este servicio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*