menú

‘El pregón’, dispoñible en rebobina

28/07/2016
Blog R

Andreu Buenafuente e Berto Romero protagonizan ‘El pregón’, comedia española xa dispoñible en rebobina.

Juan e Richi, os coñecidos irmáns Osorio, son dúas vellas glorias da música electrónica española dos anos 90. O seu grupo musical, ‘Supergalactic’, foi un éxito de vendas en todo o país a finais do século pasado, pero terminou caendo no esquecemento como lles sucedeu a eles mesmos.

Tempo atrás, coa disolución do grupo, os dous irmáns xuraron non volver xuntarse nunca máis, pero cando reciben unha xenerosa oferta dende o seu pobo natal, Proverzo, non poden negarse. A proposta consiste en ser os pregoeiros das festas patronais de Proverzo, pero non resultará tan sinxelo. Os Osorio terán que pasar por moitas tradicións locais e demais festexos e probas antes de facerse definitivamente co diñeiro que tanto ansían.

Dani de la Orden é o cineasta que se pon á fronte da dirección da comedia, sumando esta película á listaxe de producións que dirixiu. Entre a súa filmografía atópanse películas como ‘Barcelona, noche de invierno’ ou o documental ‘Desmontando a Leonardo’.

Entre o elenco da película atópanse como protagonistas os dous coñecidos cómicos Andreu Buenafuente e Berto Romero, quenes teñen unha longa traxectoria ás súas costas no mundo da televisión. Berto Romero actuou previamente en películas como ‘Ocho apellidos catalanes’ e ‘Tres bodas de más’, pola que obtivo unha nominación aos Premios Goya na categoría de ‘Mellor Actor Revelación’ no ano 2013.

A rodaxe da película realizouse por completo en localizacións de Barcelona, Sant Pere de Ribes e en Santa Pau, Xirona. A fase de rodaxe de ‘El pregón’ comezou en agosto do ano 2015.

Dani de la Orden xa traballara co actor Berto Romeu, a quen dirixira na súa película ‘Barcelona, noche de invierno’, no ano 2014. Tamén tiña relación previa co cómico Andreu Buenafuente, quen foi un dos produtores da súa película ‘Barcelona, noche de verano’, no ano 2013.

Os dous guionistas da película, David Serrano e Diego San José, xa traballaran xuntos na exitosa película ‘Ocho apellidos vascos’ e reuníronse de novo para elaborar o guión de ‘El pregón’.

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*