menú

‘El libro de la selva’, estrea en rebobina

25/08/2016
Blog R

‘El libro de la selva: The Jungle Book’ xa está dispoñible en rebobina.

A cinta é unha epopea de acción real sobre Mowgli, un neno ao que cría unha manda de lobos na selva, e que se embarca nunha fascinante viaxe de autodescubrimento cando se ve obrigado a abandonar o único fogar que coñeceu en toda a súa vida tras a chegada do perigoso tigre Shere Khan. No seu camiño tropezará con moitos perigos e con curiosos personaxes, como a serpe Kaa ou o orangután Louieun.

A película é unha nova adaptación da novela do escritor británico Rudyard Kipling e está dirixida por Jon Favreau (que combina os seus traballos como actor, produtor e director en cintas como ‘El lobo de Wall Street’ ou ‘Iron Man 2’).

‘El libro de la selva: The Jungle Book’ combina acción real con escenarios fotorrealistas e animais xerados por computador.

Neel Sethi estréase como actor dando vida a Mowgli. As voces orixinais póñenas actores moi coñecidos da esfera cinematográfica, como Bill Murray (‘Lost in Translation’, ‘El día de la marmota’), Ben Kingsley (‘Gandhi’), Idris Elba (‘Prometheus’), Lupita Nyong’o (‘ 12 años de esclavitud’), Scarlett Johansson (‘Match Point’) e Christopher Walken (‘Batman Returns’).

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

2 comentarios