menú
La serie divergente: Leal (parte 1) en rebobina

Comeza o desenlace da saga ‘Divergente’ en rebobina

22/07/2016
Blog R

O venres 22 de xullo estréase en rebobina ‘La serie divergente: Leal (parte 1)’, primeira entrega do desenlace da saga protagonizada por Shailene Woodley.

Despois dunha serie de revelacións importantes o grupo, con Tris á cabeza, ten que saír das murallas que rodean Chicago para seguir coa súa procura de respostas e da liberdade. Deixando atrás todo o que coñeceron ata o momento, o grupo ten que facer fronte a unha serie de perigos e probas que farán perigar a súa unidade.

O que descobren máis aló dos muros vai máis aló de todas as conxecturas que o grupo fixera ata entón. Atoparanse ás portas dunha guerra que ameaza con destruír a humanidade, na que terán que tomar parte por un bando ou outro.

Entón será Tris a que terá que tomar unha serie de decisións que condicionarán non só o seu futuro senón tamén o daqueles que a seguen e cos que comparte aventura. Será un momento difícil para a valente moza, que xunto a Cuatro atopará a Oficina de Benestar Xenético, onde obterán máis respostas sobre a supervivencia dos humanos fóra das murallas da cidade de Chicago.

Esta película forma parte da última entrega da serie de películas da saga Diverxente, sendo a penúltima película ao dividirse a terceira entrega en dúas. A idea orixinal é da escritora Veronica Roth, que escribiu unha novela distópica baixo o mesmo nome que a película.

O director da película é Robert Schwentke, que tamén dirixiu a segunda entrega da saga, ‘La serie Divergente: Insurgente’ no ano 2015. Estivo á fronte da película ‘Red’ no ano 2010, protagonizada polos recoñecidos actores Bruce Willis e Morgan Freeman.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios