menú

Ciclo especial de Ross McElwee en Play-Doc TV

21/11/2016
Blog R

Ross McElwee é un dos documentalistas estadounidenses que, debutante na década dos 70, contribúe á renovación do documental. Play-Doc TV dedícalle un ciclo especial en novembro.

Como capítulos ou entregas sucesivas dunha novela, o cineasta estadounidense Ross McElwee (Charlotte, Carolina del Norte, 1947) vai elaborando ao longo da súa obra un rigoroso e suxestivo diario fílmico, un relato en primeira persoa con abundantes e sorprendentes ramificacións.

Considerado como un dos principais referentes do documental autobiográfico, grande explorador de imaxes e cunha singular voz narrativa, a súa filmografía, formada por unha decena de títulos, obtén o beneplácito de crítica e público. As súas películas cultivaron importantes recoñecementos e galardóns, entre eles destaca o premio á mellor película no Festival de Sundance por ‘Sherman’s March’ (1986).

McElwee contribúe á renovación do documental, abandonando a tendencia dominante do ‘cinéma verité’ ou cinema directo por unha aposta decidida pola subxectividade e a utilización de novos dispositivos narrativos de diversa orixe que combinan o cine observación ou o filme doméstico, entre outros.

Play-Doc dedícalle un ciclo especial con sete das súas películas:

‘Charleen’, cun seguimento especial ao seu vello profesor de poesía; ‘Backyard’, unha particular revisión da loita libre americana; ‘Sherman’s March’, unha mirada persoal ás relacións amorosas nun contexto de guerra; ‘Time indefinite’, retrospectiva da vida e a morte a través da cámara; ‘Six O’Clock News’, un documental sobre as noticias na televisión en USA; ‘Bright leaves’, a loita empresarial na industria do tabaco; e ‘Photografic memory’, un estudo da influencia que ten Internet nas novas xeracións.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios