menú

Chega a rebobina ‘Deadpool’, o anti-heroe

08/06/2016
Blog R

O venres 10 de xuño rebobina recibe un heroe moi pouco convencional: ‘Deadpool’.

Wade Wilson é un exoperativo das forzas especiais reconvertido en mercenario que se transforma en Deadpool tras un curioso experimento que lle outorga poderes de curación rápida. Pero afástase moito do típico heroe: é impertinente, linguateiro, posúe un retorto sentido do humor con constantes referencias á cultura popular e recorre frecuentemente a romper a cuarta parede, interactuando así co espectador. Enfundado nun colorido traxe vermello e negro, tamén é un experto en artes marciais e explosivos e é capaz de teletransportarse. O seu obxectivo é capturar ao home que estivo a piques de terminar coa súa vida.

A película, dirixida por Tim Miller (‘Thor: El Mundo Oscuro ‘, ‘Millennium: los hombres que no amaban a las mujeres’) é un spin-off da saga ‘X-Men’.

Ryan Reynolds (‘Buried’, ‘Ted’) métese na pel do antiheroe Deadpool. Completan o elenco Morena Baccarin (‘Homeland’, ‘El Mentalista’), Ed Skrein (‘Juego de Tronos’) e Gina Carano (‘Fast & Furious: A todo gas 6’).

Deadpool é un personaxe creado por Rob Liefeld que apareceu tamén en diversas series e cómics, como ‘New Mutants (vol. 1)’ ou ‘X-Force’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

  1. paco di:

    Es de las pocas películas junto con Watchmen que ha sabido pasar del cómic al celuloide de manera 100% efectiva.

    Pd. y es una gamberrada de peli!!