menú

Chega a rebobina a película ‘Independence Day: Contraataque’

19/10/2016
Blog R

Dose intensa de ciencia-ficción e acción con ‘Independence Day: Contraataque’, dispoñible en rebobina dende o venres 21 de outubro.

Sempre soubemos que volverían. Despois de que ‘Independence Day’ redefinise o xénero, o seguinte capítulo épico sitúa a acción 20 anos despois e asiste a unha catástrofe global dunhas dimensións inimaxinables. Usando tecnoloxía alieníxena recuperada, as nacións da Terra colaboraron nun programa de defensa colosal para a protección do planeta.

Pero nada pode preparalos para a forza avanzada e sen precedentes dos alieníxenas. Só a inxenuidade e valentía duns poucos homes e mulleres poderá salvar á humanidade da extinción.

Esta secuela de ‘Independence Day’ (1996) está protagonizada por Liam Hemsworth (‘Los juegos del hambre’), Charlotte Gainsbourg (‘Nymphomaniac’) e Jeff Goldblum (‘Parque Jurásico’). Roland Emmerich (‘El Patriota’, ‘Godzilla’) repite na dirección tras o éxito comercial de ‘Independence Day’.

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios