menú
Cien años de perdón rebobina

‘Cien años de perdón’ chega a rebobina

08/07/2016
Blog R

O venres 8 de xullo estréase en rebobina ‘Cien años de perdón’, o último thriller de Daniel Calparsoro. Luís Tosar, Raúl Arévalo, Rodrigo de la Serna, Marian Álvarez ou José Coronado encabezan o cartel desta produción hispano-arxentina escrita por Jorge Guerricaechevarría.

Un grupo de ladróns prepárase para dar un golpe e roubar un banco cun plan relativamente sinxelo. O que pretenden é chegar ata o banco a través dun túnel escavado que comunica directamente coa entidade desde unha estación de metro fóra de uso.

O conxunto de raspiñeiros profesionais, liderados polo Uruguaio e O Galego, comproban desde un principio que o plan non será tan sinxelo como esperaban cando ven que, debido á choiva, o túnel quedou alagado e teñen que buscar outra forma de chegar ao interior do banco.

Entón desátanse as desconfianzas e as rifas entre os membros das dúas bandas de ladróns. Pola súa banda, as altas esferas do país, que están informadas do roubo, sorpréndense ao descubrir que o atraco podería estar orquestrado desde unha facción do propio partido e que os intereses poderían ser outros máis aló do simple diñeiro.

Este trepidante thriller de acción está escrito polo guionista Jorge Guerricaechevarría, quen xa traballou en producións como a película ‘Las brujas de Zugarramurdi’, do director Álex de la Iglesia, e en ‘Celda 211’, na que actúa o propio Luís Tosar, que en ‘Cien años de perdón’ interpreta ao Galego.

Tamén destacan no elenco de actores o coñecido Raúl Arévalo, que protagonizou a exitosa película de ‘La isla mínima’ xunto ao actor Javier Gutiérrez.

 


 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*