menú

Carlitos e Snoopy chegan a rebobina

13/04/2016
Blog R

rebobina estrea o venres 15 de abril a película ‘Carlitos y Snoopy: La película de Peanuts’.

Snoopy embárcase na misión de converterse en aviador para para sucar os ceos e ademais ser capaz de enfrontarse ao seu inimigo o Barón Rojo. O seu amigo Carlitos tamén vivirá unha aventura, neste caso amorosa: vencerá os seus medos para impresionar nun baile á súa nova veciña, da que se namorou.

‘Carlitos y Snoopy: La película de Peanuts’ é unha adaptación 3D dos personaxes das tiras cómicas de Charles Schulz, que se empezaron a publicar en 1950. Carlitos Brown é un neno tenro e tímido que ten unha cuadrilla de amigos cos que pasa o tempo e vive aventuras e un can que vive con el chamado Snoopy. Snoopy é un beagle que pasa as horas durmindo encima da súa caseta vermella e compartindo peripecias con Woodstock, un pequeno paxaro amarelo.

Película de animación dirixida por Steve Martino (‘Ice Age 4: La formación de los continentes’) a partir dun guión escrito polo fillo e o neto de Charles Schulz, Craig y Bryan, xunto a Cornelio Uliano. A música é de Christophe Beck (‘Buffy, Cazavampiros’, ‘Ant-Man’).

O filme recibiu varias nominacións en premios da industria cinematográfica: a mellor filme de animación nos Globos de Ouro; cinco nominacións aos premios Annie, entre elas mellor película e dirección; ou a nominación a mellor longametraxe de animación nos Critics Choice Awards.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios