menú

‘Capitán América: Civil War’ chega a rebobina

14/09/2016
Blog R

A terceira entrega da saga Capitán América xa está dispoñible en rebobina dende o mércores 14 de setembro.

As aventuras de Los Vengadores ocasionan danos colaterais que suscitan voces sobre a idoneidade de contratar ao grupo e a necesidade de controlalos. Cando a presión do goberno e a incorporación dos Acordos de Sokovia abre unha brecha profunda entre o Capitán América e Iron Man, os mellores amigos convértense en inimigos. Nun escenario de lealdades divididas, misteriosos viláns e novos aliados, a última batalla polo futuro de Los Vengadores e de toda a humanidade estala nunha espectacular aventura para protexer ao mundo dun novo e terrible vilán.

Chris Evans (‘Los 4 Fantásticos’), Robert Downey Jr. (‘Iron Man’), Scarlett Johansson (‘Lost in Translation’), Sebastian Stan (‘Kings’, ‘Gossip Girl’), Anthony Mackie (‘Million Dollar Baby’) e Don Cheadle (‘Crash’) encabezan o elenco desta nova cinta de aventuras cuxa historia arrinca tras os feitos
ocorridos en ‘Vengadores: La Era de Ultrón’.

Os irmáns Anthony e Joe Russo póñense de novo á fronte dun proxecto cinematográfico de Marvel, tras o éxito conseguido con ‘Capitán América: el Soldado de Invierno’.

 

 

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios