menú

‘Buscando a Dory’ estréase en rebobina

02/11/2016
Blog R

A película de animación ‘Buscando a Dory’ está dispoñible en rebobina dende o mércores 2 de novembro.

‘Buscando a Dory’ reúne á esquecediza peixe cirurxián adorada polo público, Dory, cos seus amigos Nemo e Marlin nunha misión para achar respostas sobre o seu pasado. Que é capaz de lembrar? Quen son os seus pais? E onde aprendeu a falar “balleno”?

A acción transcorre un ano despois dos acontecementos narrados na exitosa ‘Buscando a Nemo’.

A nova película de Disney e Pixar está dirixida por Andrew Stanton (‘Buscando a nemo’, WALL-E’), que tamén exerce como guionista.

Na versión en castelán, Anabel Alonso (‘Siete Vidas’) volve poñer a súa voz ao personaxe de Dory. Javier Gurruchaga fai o propio co Maestro Raya.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios