menú
Agente contrainteligente en rebobina

‘Agente contrainteligente’, o último de Sacha Baron Cohen en rebobina

15/07/2016
Blog R

Hoxe venres 15 de xullo estréase en rebobina ‘Agente contrainteligente’, co humor irreverente do actor Sacha Baron Cohen e a participación de Penélope Cruz. A cinta está dirixida por Louis Leterrier, autor de películas como ‘El incrible Hulk’ ou ‘Furia de titanes’.

Sebastian (Mark Strong) é un destacado e desapiadado axente do MI6 británico, un home serio, frío e letal.

A vida de Sebastian cambia radicalmente cando se decata de que ten un irmán, Nobby (Sacha Baron Cohen), que o estivo buscando durante anos. Os dous irmáns foron separados cando aínda eran pequenos, Sebastian foi dado en adopción de pequeno e criouse con outra familia, lonxe de Nobby.

As diferenzas entre ambos os dous son patentes dende o principio, Nobby é un home simple, que vive nun pobo pesqueiro inglés, ten unha muller loura e entrada en carnes coa que tivo nove fillos. Nobby ademais non é moi esperto, é bastante torpe e pouco discreto.

Cando os dous irmáns se reencontran, despois de que Nobby buscase o seu irmán durante anos, este non dubidará en poñerse a axudar a Sebastian nas misións que ten ao seu cargo. Aínda que nun principio parece un estorbo, Sebastian terminará dándose conta de que pode necesitar o seu irmán para loitar contra unha nova ameaza que pende sobre a humanidade enteira.

O polémico actor Sacha Baron Cohen encarna nesta ocasión a un personaxe que é a representación de todos os tópicos negativos dos británicos. No estilismo que emprega na película destacan as patillas e o corte de pelo típico británico, que se relacionou coa imaxe do popular artista Liam Gallagher, cantante do coñecido grupo “Oasis”. O propio Baron Cohen declarou ironicamente que, despois de que ambos os dous mantivesen unha acalorada discusión no ano 2012, se baseou no seu peiteado para a película como forma de desculpa.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios