menú

‘Atrapa a un ladrón’, estrea en rebobina

30/08/2016
Blog R

‘Atrapa a un ladrón’, con Jackie Chan, dispoñible en rebobina dende o venres 2 de setembro.

Bennie Black é un detective de Hong Kong que leva 10 anos perseguindo a un coñecido xefe da delincuencia, Victor Wong. Cando a súa afillada Samantha se mete en problemas coa banda de Wong, Bennie debe localizar o causante do problema: o deslenguado ludópata americano Connor Watts. A peculiar parella embarca entón nunha divertida e perigosa aventura que se estende dende as montañas de Mongolia ata as dunas do deserto do Gobi.

O popular actor chinés Jackie Chan (‘The Karate Kid’, ‘ El Esmoquin’) é o protagonista desta cinta de acción e vinganza. Acompáñano Johnny Knoxville (‘Jackass’), a loitadora profesional Eve Torres e Bingbing Fan (‘X-Men: días del futuro pasado’).

O director é Renny Harlin, que conta cunha ampla traxectoria cinematográfica na que destacan películas como ‘La Jungla 2: Alerta Roja’ ou ‘Deep Blue Sea’.

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios