menú

‘Angry Birds, la película’ chega a rebobina

07/09/2016
Blog R

A película ‘Angry Birds, la película’, baseada na colección de videoxogos do mesmo nome, está dispoñible en rebobina dende o mércores 7 de setembro.

Tres excéntricos amigos viven nunha paradisíaca illa poboada por paxaros felices que non voan. Pero un día chegan ata alí uns misteriosos porcos verdes e comezan os problemas. Entón, Red, un paxaro con moi mal xenio, o hiperactivo Chuck e o volátil Bomb deciden pescudar cales son as intencións dos recén chegados e enfrontarse a eles. Porque o rei Leonard e os seus malvados porcos queren conseguir os tan prezados ovos dos paxaros.

O equipo da película conta con dilatada experiencia no sector da animación. Os directores son Clay Kaytis (‘Frozen: El reino del hielo’) e Fergal Reilly (‘Hotel Transilvania’). Pola súa banda, o guión é obra de Jon Vitti (‘Alvin y las ardillas’, ‘Los Simpson’).

A versión orixinal do filme conta coas voces de Jason Sudeikis (‘Somos los Miller’), Bill Hader (‘Star Wars: El despertar de la Fuerza’, ‘Del revés (Inside Out)’ ou Peter Dinklage (‘Juego de tronos’), entre outros. En castelán, as voces dos protagonistas pertencen a Santiago Segura, José Mota e Álex de la Iglesia.

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios