menú

‘Alvin y la ardillas: Fiesta sobre ruedas’ estréase en rebobina

11/05/2016
Blog R

A comedia de animación ‘Alvin y la ardillas: Fiesta sobre ruedas’ estréase en rebobina o venres 13 de maio.

Dave atopou parella e está feliz á beira de Samantha, unha muller que ten un fillo e que non termina de gustar ao trío de esquíos.

Alvin, Simon e Theodore temen ser abandonados polo seu manager, quen quere cambiar o rumbo do grupo e se centra máis na súa relación e noutros grupos ao marxe dos esquíos. Os tres amigos ven como a súa relación cambia con Dave desde que Samantha entrou na súa vida e no momento en que dubidan que lle vai a pedir matrimonio, os tres poñen todo da súa parte para evitar o desastre.

Alvin e os seus amigos soben a un avión para seguir a Dave ata Florida. Queren evitar que o encontro entre Dave e Samantha termine en voda e perder así definitivamente ao seu amigo. Pero a viaxe non resulta como esperaban, teñen que baixarse antes de chegar ao destino e deben seguir a marcha a pé ata
Florida.

Actores e actrices moi recoñecidas do cine e especialmente a televisión son os responsables das voces orixinais dos personaxes da película, como Justin Long (‘La Jungla 4.0’, ‘Ed’), Matthew Gray Gubler (‘Mentes criminales’), Anna Faris (‘Mom’), Christina Applegate (‘Matrimonio con hijos’) e Kaley Cuoco (‘The Big Bang Theory’).

A voz de Eleanor cambia en relación ao resto de películas da saga, sendo nesta ocasión a popular Kaley Cuoco a encargada de dobrar ao personaxe substituíndo a Amy Poehler. Tamén é a primeira vez que os efectos visuais non os realiza a empresa Rhythm and Hues, que entrou en bancarrota en 2013, deixando paso nesta ocasión a Weta Digital.

‘Alvin y las ardillas: Fiesta sobre ruedas’ é unha comedia de aventuras para toda a familia dirixida por Walt Becker a partir do guión de Ross Bagdasarian, Janice Karman e Randi Mayem Singer. Miami foi o escenario elixido para gravar varias secuencias da cinta, aínda que a maior parte se rodou en Xeorxia.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios