menú

‘Alicia a través del espejo’, estrea en rebobina

05/10/2016
Blog R

A maxia dos contos de Carroll chega a rebobina coa estrea de ‘Alicia a través del espejo’, dispoñible dende o mércores 5 de outubro.

Alicia regresa ao Submundo, onde se atopa con vellos coñecidos, como o ‘Sombrerero Loco’, a ‘Reina Blanca’ e a ‘Reina Roja’, e novos personaxes, como ‘Tiempo’. Cando esperta no ‘País de las Maravillas’, debe viaxar para recuperar un cetro máxico a través do máxico e misterioso país onde nada é o que parece. Só así poderá deter ao malvado Tiempo antes de que se cumpra o prazo marcado polo reloxo e o ‘País de las Maravillas’ se convirta nun mundo estéril e sen vida.

‘Alicia a través del espejo’, a nova gran aventura de Disney, presenta aos inesquecibles personaxes dos adorados contos de Lewis Carroll e mergúllase de novo no extraordinario mundo que Tim Burton creou en 2010 para a gran pantalla con ‘Alicia en el País de las Maravillas’.

En ‘Alicia a través del espejo’, James Bobin (‘Los Muppets’) toma o relevo na dirección a Tim Burton. No elenco figuran un bo número de caras coñecidas, como Mia Wasikowska (‘En terapia’), Johnny Depp (Piratas del Caribe’), Helena Bonham Carter (‘Charlie y la fábrica de chocolate’), Anne Hathaway (Los miserables’) e Sacha Baron Cohen (‘Ali G’).

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios