menú

A música toma a pantalla en marzo en Play-Doc TV

07/03/2016
Blog R

Ficción e documental únense para o asalto musical ás pantallas de Play-Doc TV en marzo.

Grandes nomes da música como Nick Cave, Belle & Sebastian ou Pussy Riot, acompañados polas mellores coristas posibles, conforman a programación de marzo. Play-Doc TV inclúe varios títulos concibidos dende a creación musical das súas bandas protagonistas.

Películas feitas, non sobre eles senón con eles, e que en moitos casos mesturan documental con ficción, nunha ecuación na que os artistas se erixen en escritores da trama. É o caso de ‘20.000 días en la Tierra’, cun Nick Cave que se come a pantalla; ou a sorprendente estrea do líder de Belle & Sebastian co
marabilloso musical intimista ‘God Help the Girl’. Xunto a eles, ‘A 20 pasos de la fama’, que nos descobre a descoñecida historia das coristas que acompañaron a lendas como Mick Jagger, Stevie Wonder ou Springsteen; e por último, un documental que deu a coñecer no mundo ás Pussy Riot: ‘Una Plegaria
Punk’.

Este mes, a música manda en Play-Doc TV.

‘20.000 días en la Tierra’: Oda á creatividade, orixinal e chea de lirismo, interpretada polo músico e icona cultural Nick Cave. A película fusiona drama e realidade entretexendo a rutina dun día ficticio na vida da estrela do rock cunha íntima representación do seu proceso artístico. É a ópera prima dos innovadores artistas visuais Iain Forsyth & Jane Pollard como directores, con banda sonora orixinal de Nick Cave e Warren Ellis.

‘God Help the Girl’: Musical escrito e dirixido por Stuart Murdoch, o vocalista do grupo Belle & Sebastian. O proxecto xurdiu a finais de 2003 cando Stuart escribiu unha serie de cancións que el mesmo consideraba que non eran para el porque soaban como un ‘grupo de mozas’. En 2009, esas cancións terminaron converténdose no álbum ‘God Help the Girl’, precursor da película.

‘A 20 pasos de la fama’: A descoñecida historia das coristas que acompañaron a algunhas das máis grandes lendas da música. Con metraxe de arquivo e unha inigualable banda sonora, o documental inclúe entrevistas con Bruce Springsteen, Stevie Wonder, Mick Jagger ou Sting, entre outros moitos. As coristas viven nun mundo que se atopa máis aló do punto de mira.

‘Pussy Riot: Una Plegaria Punk’: O documental conta a incrible historia de tres mozas que realizaron unha actuación protesta ou, como elas mesmas denominaron, unha ‘pregaria punk’ no interior dunha catedral rusa en Moscova. As mulleres foron detidas ao ser acusadas de odio relixioso e enfrontábanse a un total de sete anos de cárcere pola súa actuación. O seu caso resoou en todo o mundo e as activistas pasaron a converterse en iconas políticas ao provocar unha revolución que cambiou a sociedade na que vivían.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*