menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

A galega Dolores Valcárcel protagoniza ‘La abuela Lolita’ en Canal Cocina

30/08/2016
Blog R

A galega Dolores Valcárcel protagoniza ‘La abuela Lolita’. O novo programa emítese en Canal Cocina (dial 58) dende o xoves 1 de setembro ás 11:30 h e podes desfrutalo tamén en rebobina.

Canal Cocina presenta un novo formato de produción propia no que Dolores Valcárcel, máis coñecida como Lolita, desvela todos os segredos da súa deliciosa cociña tradicional e os seus mellores trucos.

Ao longo de 22 capítulos, esta avoa nada en Sarria (Lugo), preparará deliciosas receitas que recuperan os sabores de toda a vida, como empanada galega de carne, guiso de choco, callos á galega, tartaletas de crema pasteleira e froitos vermellos, entre outros moitos.

Lolita, que herdou da súa avoa a súa boa man cos fogóns, leva toda a súa vida dedicándose en corpo e alma á cociña, a súa auténtica paixón e na que se centra tanto persoalmente, guisando cada día para toda a súa familia, como profesionalmente. Durante 5 anos, Lolita foi cociñeira nun pequeno e encantador hotel nunha contorna única, o paso do Camiño de Santiago pola localidade lucense de Sarria. Chegou a facerse un oco na Guía Michelín, así como en televisións inglesas e xaponesas, grazas á súa afamada cociña de autor.

Actualmente, e dende hai 18 anos, rexenta con éxito unha confeitería que leva o seu nome, dende a que tamén distribúe galletas 100% artesás a cidades galegas como A Coruña e Lugo. Inquieta e sempre en busca de novos retos, decidiu enviar un vídeo á canle coa esperanza de cumprir o seu soño de protagonizar un programa en Canal Cocina. Unha estupenda iniciativa que se transformou nun formato cheo de sabor, tradición e bos recordos.

Descubre a cociña de ‘La abuela Lolita’ de luns a venres ás 11:30, 14:30 e 19:30 h. As fins de semana, ás 12:30 e 19:00 h.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*