menú

A comedia ‘Si Dios quiere’ estréase en rebobina

14/10/2016
Blog R

A comedia italiana ‘Si Dios quiere’ está dispoñible en rebobina dende o luns 10 de outubro.

Tommaso é un cardiólogo respectado, algo déspota, ateo convencido e liberal. Como bo italiano, a súa familia é moi importante para el e está especialmente orgulloso do seu fillo menor, un brillante estudante de medicina disposto a seguir os seus pasos. Con todo, o mozo ten novos plans e revoluciona á familia cunha inesperada noticia: quere ser cura. Entre os ‘culpables’ de tal decisión, o pai topa con Don Pietro, un párroco moderno cunha peculiar visión da vida.

A película combina humor lixeiro con toques acedos e crítica social na liña da tradicional ‘comedia á italiana’.

‘Si Dios quiere’ está escrita e dirixida por Edoardo Maria Falcone, quen debuta na dirección con esta longametraxe tras anos de dilatada traxectoria como guionista en películas como ‘¿Te acuerdas de mí?’. Os protagonistas son actores e actrices moi populares no seu país, como Marco Giallini (‘A.C.A.B.: All Cops Are Bastards’), Alessandro Gassman (‘Razza bastarda’), Laura Morante ‘(Romeo y Julieta’) e Ilaria Spada (‘Via del corso’).

A película acadou un gran éxito de público e crítica, recibindo galardóns como o Premio David di Donatello á Mellor ópera prima no 2014 ou a nominación do protagonista da cinta como Mellor Actor no mesmo certame.

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*