menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

O mellor cine, en Semana Santa

21/03/2016
Blog R

Fantasía, acción, animación, aventura … as canles prepararon unha Semana Santa de luxo para que grandes e pequenos desfruten ao máximo das vacacións.

AXN (dial 21) emite desde o luns 21 ata o luns 28 unha especial sesión de cine cada noite. Títulos como ‘Transporter 3’, con Frank Martin obrigado a trasladar dúas enormes bolsas e a unha moza ucranicana; ‘Asalto al tren Pelham 1 2 3’, na que uns homes armados secuestran un tren do metro da cidade de Nova York; ‘Spiderman 3’, cun superheroe envolto agora nun traxe negro; ‘Need for Speed’, con Tobey Marshall buscando vinganza tras a morte do seu amigo; ‘Al borde del abismo’, cun intento de suicidio á vez que se perpetra un gran roubo de diamantes; o planeta Terra do ano 2073 en ‘Oblivion’; ou o mundo das artes marciais que descobre ‘El reino prohibido’.

Canal Hollywood (dial 1) quere celebrar contigo a Semana Santa cun especial dende o luns 21 de marzo ata o domingo 27 de marzo ás 22:00 h. Para iso dispuxeron unha selección dalgunhas das mellores películas da canle, con títulos para todos os gustos e todas as idades. ‘El increíble Hulk’, ‘E.T. el
extraterrestre’, ‘Leyendas de pasión’, ‘Piratas del Caribe: la maldición de la Perla Negra’, ‘Viaje al centro de la Tierra’, ‘Venganza’ e ‘Shrek 3’ compoñen o especial.

En TNT (dial 22) dano todo nunha semana: dragóns, naves espaciais, superheroes, hobbits, elfos e mesmo científicos tolos. Do luns 21 ao domingo 26 tes unha cita ás 22:30 h. coas mellores películas e series de xénero fantástico: ‘Babylon’, ‘Cómo entrenar a tu dragón’, ‘El juego de Ender’,’Los Vengadores’, un maratón de ‘Big Bang’ e ‘Conan el Bárbaro’ serán os protagonistas dos cinco primeiros días. A fin de semana resérvanlla á triloxía de ‘El Señor de los anillos’ e a un maratón da tempada completa de ‘Las crónicas de Shannara’.

XTRM (dial 6) súmase aos especiais co ciclo Semana Santa XTRMa, que inclúe películas como ‘Superpolicía en apuros’, ‘La batalla de los malditos’ ou ‘The Master’. Ás 22:00 h,. dende o luns 21 ao domingo 27 de marzo.

Estas vacacións, os animais revoluciónanse en Canal Panda (dial 152). Gatos, ovellas, ratos, pingüíns que se cren tigres, peces, morcegos, gorilas, osos, coellos, porcos, elefantes e ata chamas serán os protagonistas da canle. Todos os días de Semana Santa, capítulos especiais de ‘Las aventuras del Gato con Botas’, ‘La oveja Shaun’, ‘La Panda de la Selva’, ‘Olivia’, ‘Masha y el Oso’, ‘Peter Rabbit’, ‘Tip the Mouse’, ‘Los Osos Amorosos’, ‘Ella, la Elefanta’ e ‘Geronimo Stilton’, entre outros.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios