menú

O Herbalife Gran Canaria, a un paso das semifinais da Eurocup

21/03/2016
Blog R

Eurosport 2 (dial 71) emitirá en directo o martes 22 e o mércores 23 a volta dos cuartos de final da Eurocup de baloncesto. Desde as 21:30 h., cos comentarios de Luis Jiménez e Pepe Laso.

O equipo de Aíto García Reneses tentará rendibilizar a vantaxe cultivada no partido de ida para meterse nas semifinais da competición por segundo ano consecutivo. O Herbalife Gran Canaria derrotou no partido de ida ao Zielona Gora de Polonia cun marcador de 82-93, polo que xogará cunha renda de 11 puntos e co factor cancha ao seu favor.

Os partidos de volta dos cuartos de final comezan o martes 22 cos partidos que enfrontan a EA7 Emporio Armani Milan con Dolomiti Energia Trento e ao Galatasaray Istanbul turco co Bayern de Múnich. Estes partidos tamén serán emitidos en Eurosport 2.

Axenda Eurocup

Martes, 22 de marzo:

18:30 h.: Baloncesto: Euroleague Basketball Show. Programa co mellor da Euroliga e a Eurocup de baloncesto.

19:00 h.: Cuartos de final. Partido de volta: Galatasaray Istanbul (Turquía) – Bayern de Múnich (Alemaña)

Mércores, 23 de marzo:

20:00 h.: Cuartos de final. Partido de volta: EA7 Emporio Armani Milan – Dolomiti Energia Trento

21:45 h.: Cuartos de final. Partido de volta: Herbalife Gran Canaria (España) – Zielona Gora (Polonia)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios