menú

‘Zipi y Zape y la isla del capitán’, estrea en rebobina

16/11/2016
Blog R

Zipi e Zape anticípannos a chegada do Nadal con ‘Zipi y Zape y la isla del capitán’, unha comedia para toda a familia dispoñible en rebobina dende o venres 18 de novembro.

Zipi e Zape líana xusto antes do Nadal. Son castigados sen vacacións e obrigados a acompañar os seus pais no que parece unha aburrida viaxe en barco.

Unha forte tormenta obrígaos a refuxiarse na mansión da señorita Pam. Alí, nenos sen familia desfrutan dun paraíso sen regras. Pero a illa non é tan idílica como parece e esconde un escuro segredo. A desaparición dos seus pais obriga a Zipi e Zape a indagar nos segredos da illa e os seus habitantes.

A película, secuela de ‘Zipi e Zape y el club de la canica’, é a segunda adaptación ao cine dos personaxes de cómic creados por Escobar.

Teo Planell interpreta a Zipi, Toni Gómez é Zape e Elena Anaya (‘La Piel que Habito’) encarna á divertida e misteriosa señorita Pam. Completan o elenco Fermí Reixach (‘Sonata para violonchelo’), Jorge Bosch (‘Las ovejas no pierden el tren’) e os nenos Iria Castellano e Máximo Pastor.

O director é Oskar Santos, coñecido por dirixir a Eduardo Noriega e Belén Rueda no thriller ‘El mal ajeno’, e que xa dirixira tamén ‘Zipi y Zape y el club de la canica’. Ademais, é guionista xunto con Jorge Lara (‘Los hombres de Paco’).

 

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios