menú

‘Yo soy Caitlyn’, estrea en FOX Life

23/12/2015
Blog R

FOX Life (dial 28) estrea en primicia en España ‘Yo soy Caitlyn’ o luns 28 de decembro ás 14:15 h. É o programa no que Bruce Jenner mostra a súa transición de home a muller.

‘Yo soy Caitlyn’ convida os espectadores a entrar na nova vida de Caitlyn Jenner, que, como relatou en numerosas entrevistas, agora vive a vida como a persoa que sempre quixo ser. Esta nova serie segue o seu día a día, no que vive a alegría pero tamén os retos que supón ser unha muller transxénero e explora
ademais como lle afectou a súa decisión ás relacións cos familiares e amigos.

‘Estou feliz de estar a vivir a miña verdadeira identidade tras unha longa loita. Benvida ao mundo Caitlyn. Morro de ganas de que a/me coñezades’, escribía Bruce Jenner cando estreou conta en twitter. O medallista olímpico e padrasto de Kim Kardashian apareceu na portada de ‘Vanity Fair’ hai uns meses
transformado en muller e cun título que deu a volta ao mundo: ‘Chámenme Caitlyn’.

Así se abriu un novo capítulo na vida de Bruce Jenner, que decidiu embarcarse nunha aventura pública e aceptou ser o protagonista do seu propio programa de televisión, no que mostra como é a súa nova vida como muller. É a segunda vez que participa nun reality despois de case 8 anos participando en ‘Las
Kardashian’, que se emite tamén en FOX Life.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*