menú

‘Wayward Pines’ estrea segunda tempada en FOX

07/06/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea en España a segunda tempada de ‘Wayward Pines’ o venres 10 de xuño ás 21:30h.

Trátase dos novos episodios deste thriller producido por M. Night Shyamalan (‘El sexto sentido’, ‘La visita’) e baseado no mundo creado polo autor Blake Crouch.

Os novos capítulos retoman a trama xusto despois do impactante final da primeira tempada. Jason Patric interpreta ao Doutor Theo Yedlin, un veciño de Wayward Pines que se acaba de espertar da súa animación suspendida e se atopa no medio da rebelión iniciada por algúns dos veciños deste misterioso pobo.

A nova entrega conta con 10 episodios e está protagonizada por Jason Patric (‘Rush’), Djimon Hounsou (‘Diamante de sangre’), que foi nominado aos Oscar en dúas ocasións, e Hope Davis (‘American Crime’, ‘The Newsroom’), nomeada a un Emmy e un Globo de Ouro.

Aparecen tamén Tom Stevens (‘Cedar Cove’), que retoma agora o seu papel como Jason Higgins, un membro da Primeira Xeración de Wayward Pines e mozo seguidor de Pilcher; Nimrat Kaur (‘Homeland’) interpreta a Rebecca, unha misteriosa muller que esconde moitos segredos a Theo, o seu marido; Josh Helman (‘Mad Max: Furia en la carretera’) interpreta a Xander, un residente que traballa de forma clandestina para acabar con Wayward Pines; e Kacey Rohl (‘Hannibal’) interpreta a Kerry, unha das tenentes de Jason nesta guerra civil que se desatou no pobo.

Doutra banda, participan nos novos episodios varios actores da primeira entrega como Terrence Howard (Sheriff Arnold Pope), Carla Gugino (Kate Hewson), Toby Jones (Dr.Jenkins/David Pilcher), Melissa Leo (Enfermera Pam), Tim Griffin (Adam Hassler), Shannyn Sossamon (Theresa Burke) e Charlie Tajan (Ben Burke).

A primeira tempada de ‘Wayward Pines’, que contaba a misión de dous axentes secretos para atopar a dous compañeiros desaparecidos en estrañas circunstancias, foi a estrea de serie máis vista en FOX da pasada tempada.

‘Wayward Pines’ é unha produción de 20 th Century FOX televisión e unha produción executiva de Donald De Line (‘Linterna verde’, ‘The Italian Job’), Ashwin Rajan (‘After earth’, ‘La visita’), Blake Crouch e M. Night Shyamalan. Mark Friedman (‘Believe’, ‘Sin identificar’) tamén é produtor executivo e showrunner da serie.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

4 comentarios

  1. Javier di:

    Podrías avisar a la persona que lleva el tema del rebobina. Los capítulos están cortados. Gracias.

  2. Javier di:

    El primero esta corregido. El segundo se inicia ya empezado. No se si faltan minutos o segundos pero da la impresión que son varios minutos porqur hay un salto en el argumento…. Si lo pudieran corregirlo se lo agradecería.