menú

Vive un San Valentín ‘de cine’

12/02/2016
Blog R

Para un día especial, as canles teñen preparados os seus especiais máis románticos e edulcorados. Contámoschos.

TNT (dial 22) programou para o sábado 13 e domingo 14, a partir das 15:45h., o especial ‘TNT Cupido´s Weekend’. Para empezar, Natalie Portman e Ashton Kutcher serán algo máis que amigos en ‘Sin compromiso’, unha comedia romántica moi pouco convencional. A continuación, a saga Crepúsculo envólvenos de novo na historia de amor sobrenatural máis romántica de todos os tempos. O domingo 14, un gran elenco reúnese en ‘Crazy, Stupid, Love’, a cinta do 2011 que lle valeu a RyanGosling unha nominación aos Globos de Ouro como Mellor Actor de Comedia’. Pecha o especial a película ‘Sin reservas’, con Kate (Catherine Zeta-Jones), unha afamada chef que deberá facerse cargo da súa sobriña de 9 anos e, ao mesmo tempo, resolver as súas diferenzas con Nick, o seu novo axudante.

Cosmo TV (dial 25) tampouco se esquece do día máis romántico do ano e emitirá o domingo películas como ‘El Bar Coyote’ ou ‘Mamma Mia!’, mentres o luns se decanta por un especial ‘Lunes de guapos’ que inclúe ‘Prince of Persia: Las arenas del tiempo’, ‘Infiel’ ou ‘Blancanieves y la leyenda del cazador’, entre outros títulos.

Canal Somos (dial 8) brinda con San Valentín para celebrar o día dos namorados. Durante todo o día, endulzará a xornada cunha programación cargada de amores, desamores, personaxes tolos de atar e moito humor, con películas como ‘En Andalucía nació el amor’, ‘Dame un poco de amooor…!’, ‘Amor en el aire’ ou ‘El arte de casarse’.

Como se vive San Valentín en Comedy Central (dial 24)?. De entrada, cunha selección de títulos de cine moi amorosos (‘En qué piensan las mujeres’, ‘Y entonces llegó ella’, ‘Ni en sueños’, ‘Mi súper ex novia’, ‘Sácame del paraíso’). O sábado 13 de febreiro, ás 20:00 h., emisión dun Especial San Valentín do programa de sketches ‘Corto y Cambio’, con desenganos, sangue, psicópatas, maníacos depresivos, nenos odiados, rutina, infidelidade… en resumo, o amor na súa máxima expresión. Coa presenza dos actores Antonio Gómez, Leo Rivera, Darío Paso, Alicia Garau, Cristina Gallego e Javier Tolosa. Tampouco podía faltar a cita anual ‘Un San Valentín con Retintín’. Este ano volvemos atoparnos co peor das experiencias amorosas dos monologuistas: desde o matrimonio de Fran El Chavo ata os problemas para atopar unha parella á súa altura de Eva Cabezas e Patricia Sornosa, pasando polos desenganados de Borja Sumozas ou Dani Alés.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios